Cape
Punta Lagosteira
Suevos · Arteixo · A Coruña

Photo: Jose Luis Cernadas Iglesias · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Cape in Suevos (Arteixo, A Coruña), 66 m above sea level, 3.2 km from Pastoriza.
Punta Lagosteira, frecuentemente grafado Langosteira, é un promontorio localizado no concello de Arteixo, 7 km ao suroeste da cidade da Coruña. A morfoloxía do cabo, caracterizado pola súa costa esgrevia, viuse alterada recentemente pola construción do porto exterior da Coruña, iniciada en 2005. Na parte occidental do cabo, onde se está a construír o porto, estaba situado o castro costeiro do Cociñadoiro, que foi escavado antes da súa destrución. O xacemento funcionara como factoría fortificada especializada na metalurxia do bronce. A Autoridade Portuaria da Coruña comprometeuse a expoñer os achados unha vez acabadas as obras. En xuño de 2012 a Autoridade Portuaria e o Concello de Arteixo escolleron o parque do Monticaño como localización do centro de interpretación do castro de Cociñadoiro, aínda pendente de construír.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Península · Cabo
Also known as Punta Langosteira
Elevation here ≈ 66 m · Terrain Tiles
Nearest town Pastoriza, 3.2 km away
People in the municipality 34,389 (2025) · IGE