Protected area

Ouro River

Foz · 2004

Ouro River

O río Ouro pertence á vertente cantábrica e recorre os concellos de Valadouro, Alfoz do Castrodouro e Foz ata chegar ao esteiro ou ría de Fazouro. Nace na serra do Xistral, na parroquia do Pereiro (Alfoz do Castrodouro) a uns 700 ou 800 metros de altitude e desemboca en Fazouro (Foz). Ten un percorrido de 30 quilómetros e forma o límite natural entre os dous concellos que conforman o chamado Val do Ouro: O Valadouro e Alfoz do Castrodouro. Agás as áreas do seu nacemento, as ribeiras do río Ouro e o seu esteiro están protexidas como zona especial de conservación (ZEC) río Ouro. == Intervención humana == === Aproveitamento === Na súa parte alta está a fervenza do Escouridal. Nese tramo predominan os rápidos e augas claras con abundante troita común, de pequeno tamaño. A medida que chega ao val, o río ensánchase e as súas augas discorren máis lentas, dando lugar a meandros, largas táboas e pozas. Na súa parte baixa (parroquias de Santo Acisclo e Fazouro) pódese pescar o reo, especie que todos os anos remonta o río procedente da ría para desovar. == Cultura == Se as penas de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro . == Notas ==

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby