Theatre building

Salón Teatro

Santiago de Compostela · A Coruña

Aínda non hai foto de Salón Teatro

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.87843|-8.54642}}

O Salón Teatro é a sede do Centro Dramático Galego (CDG), a compañía pública de teatro de Galicia, e o escenario das súas producións. Ademais, acolle distintas disciplinas escénicas, como ciclos de cine ou danza. É o único espazo de exhibición escénica de titularidade exclusiva da Xunta de Galicia e supón un referente cultural para a cidade de Santiago de Compostela e a Comunidade Galega. == Características == Localízase nun edificio histórico no corazón da zona vella de Santiago de Compostela. O Salón Teatro dispón de platea e tribuna con capacidade para 272 espectadores. == Historia == En 1920 inaugurouse o Salón Teatro como sala de eventos e espectáculos. Tiña unha capacidade de máis de 500 localidades, forma de anfiteatro, un escenario reducido e unha sala dividida en dous andares, posteriormente destinouse principalmente á cinematografía. En 1996 o edificio foi adquirido pola Xunta de Galicia e tres anos despois o teatro abriu de novo as súas portas xestionado pola Consellaría de Cultura e Deporte coa estrea do espectáculo Si o vello Sinbad volvese ás illas..., de Álvaro Cunqueiro, a cargo do Centro Dramático Galego. == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Salón Teatro. Historia do edificio Salón Teatro

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby