Mámoa
Chan da Armada
Marín · Pontevedra
Chan da Armada é unha mámoa situada na parroquia de San Tomé de Piñeiro, no concello de Marín. Está datado arredor do 3000 a. C.. == Descrición == O túmulo mide uns 10 m de diámetro. Contén unha cámara funeraria poligonal duns 4,2 x 2,7 m, composta por nove ortóstatos. Está precedida por un corredor orientado ao leste, delimitado por outros tres ortóstatos a cada lado, de aproximadamente 2,3 m. O corredor vaise estreitando cara á entrada, que ten só 0,5 m de largo. Non conserva a lousa de cuberta. Foi escavado por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza en 1957 e por Antonio de la Peña e Antonio Rodríguez Casal en 1975. Durante as escavacións atopáronse catorce puntas de frecha, dúas follas de sílex, dúas machadas, catro bólas de pedra e arxila, un percusor e varios fragmentos de cerámica e anacos de ocre. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Lista de megálitos de Galicia === Ligazóns externas === "Dolmen Chan da Armada". Páxinas Galegas.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Chegar en bus
- Sobreiraa 494 mCPI DO TOURAL-SOBREIRA · CPI do Toural-CEP Riomaior-As Cernadas · CPI DO TOURAL-SOBREIRA · CEIP RIOMAIOR-CARDIÑA · CPI do Toural-Cabanas (N-550) · CPI do Toural-Cabanas (N-550)
- Troncosaa 922 mMarín-O Campo (aparcadoiro) (por Allariz) · Marín-O Campo (aparcadoiro) (por Allariz)
- Silvestrea 986 mMarín-O Campo (aparcadoiro) (por Allariz) · Marín-O Campo (aparcadoiro) (por Allariz)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.