Dolmen
Mámoa do Rei da Chan de Castiñeiras
Vilaboa · Pontevedra
Foto: Noelia Infante · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Dolmen en Vilaboa, provincia de Pontevedra, España, a 420 m de altitud, a 80 m del Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño.
O conxunto megalítico do Chan de Castiñeiras ou conxunto megalítico de Chan de Castiñeiras é un dos campos de mámoas máis importantes de Galiza. Atópase nas inmediacións do Parque de Cotorredondo e da Lagoa de Castiñeiras, entre os concellos de Vilaboa e Marín, na provincia de Pontevedra. Forma parte do grupo de arte rupestre de Terras de Pontevedra. Estas manifestacións, ás que se lle atribúe unha función funeraria, xurdiron durante o Neolítico e a Idade do Cobre ou Calcolítico, especialmente na franxa atlántica europea. Entre todos eles destaca a coñecida como Mámoa do Rei, de grandes dimensións. Trátase dun dolmen de cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos perfectamente diferenciados. Durante a escavación desta mámoa polo equipo dirixido por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza atopáronse numerosos restos recollidos por Antonio de la Peña. Foi restaurado e reconstruído en 2003. Completan o conxunto outros oito dolmens, en diferentes estados de conservación, construídos tamén arredor do ano 3.000 a. C., e situados na contorna do lago de Castiñeiras.
Texto de Wikipedia en gallego, con licencia CC BY-SA. Ver el artículo completo ↗
Datos
Forma parte de Chan de Castiñeiras
Altitud del punto ≈ 420 m · Terrain Tiles
Pueblo más cercano Marín, a 4,5 km
Camino de Santiago Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, a 80 m
En el municipio viven 5860 (2025) · IGE
Llegar en autobús
- A Grañaa 986 mCPI DO TOURAL-SOBREIRA · CPI DO TOURAL-SOBREIRA · CPI do Toural-Cabanas (N-550) · CPI do Toural-Cabanas (N-550)
Paradas del transporte público de la Xunta. Que haya parada no quiere decir que pase un autobús hoy: las líneas van ordenadas por las expediciones que hacen, y los horarios están en bus.gal ↗.
