Chapelle
Capela da Magdalena de Ourense
Ourense
A capela da Madalena foi un templo católico do século XIII baixo a advocación de María Madalena situado na zona vella da cidade de Ourense, derruído en 1847. == Historia == Aparece xa documentado no século XIII, nun escrito conservado no Arquivo da catedral de San Martiño de Ourense do 5 de novembro de 1276, no que figura o «arrendamento dunha casa a Elvira Fernández sobre a igrexa de Santa María Magdalena», e noutro documento do 13 de xaneiro de 1295 se recolle un foro ao comerciante Pedro Pérez e a súa muller Dominga Estévez dunhas casas «in tendis prope ecclesiam Sancte Marie Magdalene, in canto vici [...]»: Xa no século XIV a praza a carón da capela se coñecía como praza da Madalena, nome que aínda se conserva. A capela, fundada por Rodrigo Pérez Fungoso, estivo baixo padroado do cabido até 1626, cando lle foi cedida a Juan Gaioso Noguerol Prado Gato, alférez maior e rexedor, casado con Catalina de Neira Mendoza Bermúdez de Castro. Manuel Sánchez Arteaga (1916) sinala que Gayoso herdou a capela da súa antepasada Damiana de Salcedo Mingolla, quen lla mercaría ao cabido no século XV como sepultura para ela mesma e os seus, mandando á súa vez fundar dúas capelanías e outras cargas e mais un interpresente na catedral. O templo foille entregado a Gaioso para si mesmo e os seus descendentes baixo unha serie de condicións: Gaioso reparou a capela, xa que tanto os muros coma a cuberta estaban en pésimas condicións, e instalou unha porta que daba á praza. Fíxolle entrega das chaves ao cabido, deixando constancia de que pese a ser Gaioso o dono, non lle impediría ao cabido atravesar a capela cando se dirixise á catedral. Gaioso dáballe á fábrica da sé cinco moios (1290 litros) de viño branco de renda, procedentes dun viñedo da súa propiedade en Reza. Tras o derribo da catedral en 1847, os sepulcros de Gaioso e a súa muller, coroados con senllos escudos, leváronse á capela de San Xoán da catedral. Un retablo barroco da capela pasou en 1853 á igrexa de San Xoán de Sobreira (Vilamarín), por disposición do conde de Ribadavia, quen ostentaba o padroado da igrexa. No Museo Catedralicio de Ourense consérvanse dúas costelas reliquias da santa e unha insignia de peregrinación cunha imaxe da santa. Hai ademais na cidade catro imaxes da santa: un relicario no mesmo museo, a Santa María Madalena; un relevo pertencente ao coro catedralicio; e dúas imaxes de vulto redondo, unha na capela de San Xoán e outra na capela do Santo Cristo, ambas reproducións a escala da escultura de Pedro de Mena. == Descrición == Non se conservan imaxes da capela nin descricións da súa arquitectura. Sábese que se situaba nas escaleiras da Fonte Nova, na praza do Trigo, no predio ocupado por un bloque de vivendas, onde antes houbo un edificio derrubado en 1974 que tiña unha vistosa balconada de madeira e un arco cego, posible vestixio da capela, no que estaba instalada a confraría dos carniceiros. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Conde Cid, Natalia (2016). La catedral de Ourense como imagen del paraíso en la Edad Media: arquitectura, cultura visual y espacio para la penitencia. González Suárez, Fernando (2004). "A antiga capela da Madalena de Ourense". Porta da Aira (10): 337–342. ISSN 0214-4964. Sánchez Arteaga, Manuel; Cid Rodríguez, Manuel (1916). Apuntes histórico artísticos de la Catedral de Orense. La Región.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Alamedaa 227 mAs Lagoas-A Valenzá 1 · Ourense E.I.-Piñor-Toén · As Lagoas-Loiro-As Lagoas · Ourense E.I.-Moreiras-Toén · Piñeiro-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico (recinto interior)
- Alamedaa 239 mAs Lagoas-A Valenzá 1 · PIÑEIRO-OURENSE E.I. · Ourense E.I.-Piñor-Toén · As Lagoas-A Valenzá 1 (centro médico) · As Lagoas-Loiro-As Lagoas · Ourense E.I.-Moreiras-Toén
- Rúa Xoán XXIIIa 284 mOurense-Pontevedra E.A. (X) · Ourense-Vigo E.I.-Cuvi · Cuvi-Vigo E.I.-Ourense
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.