Île
Île Insuíña
Pontevedra

A illa da Insuíña, tamén coñecida coma illa de Medal, é unha illa galega situada na marxe dereita da desembocadura do río Verdugo, na ría de Vigo. Está unida á parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio por unha pequena ponte, e ten 3.810 m². A illa pertenceu ao pintor Antonio Medal, e no seu momento serviu de lugar de encontro para persoeiros como Asorey, Laxeiro, Castelao, Valle-Inclán, Manuel Quiroga ou Ramón Cabanillas. No ano 2007 a illa foi adquirida polo Ministerio de Medio Ambiente por 184.104 €, sendo restaurada e acondicionada. Ten diversos elementos arquitectónicos. Está rodeada por un muro de pedra con ameas, e conta cun pombal, un hórreo, e unha pérgola, todo feito con granito do país. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Outros artigos === Illote do Castelo === Ligazóns externas === "Ponte Sampaio recupera A Insuíña para goce público", artigo en La Voz de Galicia, 5 de marzo de 2010 (consultado o 5 de marzo de 2010).
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Pontesaa 169 mPontevedra-Redondela-Vigo · Santiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo
- Pontesaa 220 mPontevedra-Redondela-Vigo · Santiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo
- Pontesampaio (centro saúde)a 345 mAvda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.