Plage

Plage de Ponte Sampaio

Pontevedra

Plage de Ponte Sampaio

A praia de Ponte Sampaio ou praia de Fontaíña é unha praia galega localizada no municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia marítimo-fluvial semiurbana e conta cunha extensión de 150 metros. == Localización e acceso == A praia está localizada na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, concretamente na beira dereita da desembocadura do río Verdugo. Está localizada a 500 metros da ría de Vigo e a aproximadamente 10 km do centro da cidade de Pontevedra. A praia sitúase a 150 metros da ponte de Ponte Sampaio, nunha zona coñecida como A Xunqueira. A praia é facilmente accesible a pé e por estrada. As vías de comunicación máis próximas son a PO-264 e a N-550. == Descrición == Trátase dunha praia case rectilínea, situada nun contorno semiurbano. Está catalogada como unha praia marítimo-fluvial de area branca e grava, localizada nunha zona de augas calmas. A praia ten aseos, duchas, zonas verdes e espazos de xogo infantil, así como un servizo de socorrismo. Existe un proxecto de ampliación da praia no que se prevé un aumento da área dispoñible. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Riveiro Tobío, Elvira (2008). Descubrir Pontevedra. Pontevedra: Edicións do Cumio. ISBN 9788482890852. P. 89. === Outros artigos === Ponte Sampaio Praia do Lérez Praia de Praceres Río Verdugo === Ligazóns externas === Praia de Ponte Sampaio na web Turismo Rías Baixas

Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗

Voir sur la carteLire sur WikipédiaItinéraire

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

À côté de ce lieu