Hórreo (grenier sur pilotis)
Hórrea do Toural
Vilaboa · Pontevedra
Photo: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Hórreo (grenier sur pilotis) à Vilaboa, à 39 m d'altitude, à 979 m du Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño.
O hórreo da casa reitoral da parroquia de Vilaboa, situado no lugar do Toural, é o meirande hórreo do concello de Vilaboa (seguido de preto pola paneira de Cobres) e, asemade, é a segunda “hórrea” de cantería sobre esteos de maior tamaño de toda Galicia logo da do mosteiro de San Xoán de Poio. Áchase dentro dun exclusivo grupo de hórreos alongados e moi anchos de ampla coxía sustentados por tríos de pés, cepas transversais ou celeiros denominados “hórreas”. Tipoloxicamente trátase dunha construción de pedra similar ao clásico hórreo tipo Morrazo.
Descrición
Data do século XVIII e posúe 36 pés organizados en tres fileiras de 12 pés, 33 vans, un corpo feito exclusivamente con pedra, unha única porta de acceso no lado oeste con frontispicio ou pinche do penal, que a diferencia doutros edificios similares, e mais unha cuberta a dúas augas de tellas árabes cerámicas soportada por seis rexas tesoiras de castiñeiro. Os esteos están rematados en tornarratos troncocónicos, o piso da cámara aparece composto por longos perpiaños, todo o perímetro da mesma áchase embelecido cunha cornixa superior de granito, e os pinchóns das fachadas están aireados por tres postes biselados lixeiramente separados, tal e como fan as pedras caladas que ventilan os costados. Ten 17,3 metros de longura, 3,4 de anchura, 4 de altura (2 na cámara) e 58,82 metros cadrados de superficie. Na fachada norte destacan dúas faces riseiras. En decembro do 2012, logo dun forte trebón, as podres trabes da fachada sur cederon, levando consigo o teito da metade do hórreo, tirando varias pilastras da parede leste e movendo as pezas de cantería da cámara. O Concello de Vilaboa contactou coa arquidiocese de Santiago de Compostela, e en 2014 comezaron as obras de restauración.
Galería de imaxes
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Données
Nature Hórreo
Toiture À deux pans · sur pieds
Altitude du point ≈ 39 m · Terrain Tiles
Ville la plus proche A Calle, à 3,2 km
Chemin de Saint-Jacques Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, à 979 m
Habitants de la commune 5 860 (2025) · IGE
Y aller en bus
- O Touralà 205 mPontevedra E.A.-Cangas de Morrazo E.A. (por Vilaboa) · CPI do Toural-Cacheiro (capela) · Pontevedra E.A.-Rúa Ramón Cabanillas · IES Soutomaior-Santradán · CPI do Toural-Cacheiro (capela) · IES Soutomaior-Santradán
- O Touralà 225 mPontevedra E.A.-Cangas de Morrazo E.A. (por Vilaboa) · Pontevedra E.A.-Rúa Ramón Cabanillas
- CPI do Touralà 401 mCPI do Toural-Cacheiro (capela) · CPI do Toural-Cacheiro (capela)
Arrêts du réseau de transport public régional. La présence d'un arrêt ne signifie pas qu'un bus passe aujourd'hui : les lignes sont classées par nombre de services, et les horaires sont sur bus.gal ↗.
