Église
Église de la Santísima Trinidade
Ourense
A igrexa da Santísima Trindade de Ourense é un templo parroquial de estilo gótico, construído entre os séculos XII e XVI. == Descrición == Fundouse entre finais do século XII e comezos do XIII a carón do hospital de peregrinos, o hospital de San Roque, do que xa se ten noticias a comezos do século XII. Nos séculos XV e XVI leváronse a cabo as reformas que lle deron o aspecto actual, con dúas características torres cilíndricas na fachada principal que lle outorgan un aspecto de castelo; unha delas, a da esquina norte, sostén un corpo cadrado de campás. Foi entón cando se engadiron á cabeceira, que dá á rúa do padre Benito Feijoo, uns recios contrafortes e unha crestería con pináculos de estilo gótico-flamíxero que percorre a cornixa. Ao desaparecido hospital pertence a porta do adro exterior, trasladado aquí desde a súa localización orixinal na Alameda, onde na actualidade se atopa o edificio de Correos. Obra renacentista do século XVI, consiste nun arco de medio punto enmarcado por dúas columnas acanaladas e con dous medallóns representando aos médicos Hipócrates e Galeno. Posúe tímpano triangular, cun fornelo acollendo a imaxe pétrea de San Roque, nos extremos dúas figuras fantásticas en representación do mal, e no vértice, un anxo. Na parte posterior da porta hai unha pequena escultura da Piedade. O adro dá acceso ao recinto da igrexa, onde se ergue un cruceiro plateresco con imaxes de Cristo e a Piedade. O templo ten dúas portadas de ingreso. A da fachada principal (occidental) presenta tripla arquivolta de arcos apuntados arrancada de columnas de fuste liso e capiteis de variada decoración que apean sobre unha base. O intradorso do arco inferior ten saíntes picudos, mentres que a clave superior e os salmeres están decorados cuns rostros de ruda talla, moi erosionados. A portada do lado do Evanxeio (norte) é menos abucinada, carece tamén de tímpano e presenta tres arquivoltas tardorrománicas decoradas con flores de catro pétalos, bolas, molduras baquetonadas e, o arco máis exterior, picos de serra. Baixo a arcada figura un único par de columnas de fuste liso. No interior, de planta basilical, ou de nave única sen cruceiro, destaca a Capela Maior, cuberta con bóveda de crucería con profusión de nervios e claves, e presidida por un retablo do século XVI. Outros dous retablos laterais de estilo barroco, unha pía de auga bendita xeminada e algunhas pezas de imaxinería completan o mobiliario do templo. == Galería == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Igrexa da Santísima Trindade en Turgalicia.
Texte de Wikipédia en galicien, sous licence CC BY-SA. Lire l'article complet ↗
Chegar en bus
- Xardín Do Posíoa 148 mAs Lagoas-A Valenzá 1 · Ourense E.I.-Piñor-Toén · As Lagoas-Loiro-As Lagoas · Ourense E.I.-Moreiras-Toén · Piñeiro-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Parque Tecnolóxico (recinto interior)
- Xardín do Posíoa 156 mAs Lagoas-A Valenzá 1 · PIÑEIRO-OURENSE E.I. · Ourense E.I.-Piñor-Toén · As Lagoas-A Valenzá 1 (centro médico) · As Lagoas-Loiro-As Lagoas · Ourense E.I.-Moreiras-Toén
- SAN FRANCISCO E.F.a 235 mViloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I. · Viloira-O Barco de Valdeorras E.A.-San Francisco E.F.-Ourense E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.