ガリシアの領主館
Casa Torre de Ceta e Arines
Vigo · Pontevedra

写真: Álvaro Rodríguez Resino · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Vigo, Pontevedraのガリシアの領主館, 標高約 25 m, Caminho Português de Santiagoから1.8 km.
A Casa Torre de Ceta e Arines é un edificio histórico do século XV, un palacete urbano pertencente ao gótico tardío que forma un conxunto arquitectónico coa Casa Torre de Pazos Figueroa. Está situado na zona antiga de Vigo, na Praza de Almeida, 2.
Historia
Segundo a documentación existente, a Casa Torre de Ceta, construída no século XV, é a edificación civil máis antiga de Vigo, levantada nun tempo no que a zona antiga xa estaría conformada, coa rúa Real como comunicación co Berbés. Forma unidade arquitectónica coa Casa Torre de Pazos Figueroa e, os dous edificios, xuntos e contiguos, conforman a sede do Instituto Camôes de Cultura Portuguesa en Vigo. Os dous inmobles foron declarados Monumento Histórico-Artístico en 1946.Uxío Reinoso Maset, seguindo a obra de 1589 de Juan de Ocampo, sostén a idea de que este edificio fose construído, ampliado ou reconstruído coas pedras do Castelo do Penso de Vigo entre 1480 e 1483, por parte do casal Diego de Pazos de Probén (daquela gobernador de Vigo) e María Alfonso de Pazos Figueroa. Pola contra, o investigador Grato Amor mantén dúbidas respecto a opinión de que a torre deste conxunto fora construída coas pedras da antiga Torre do Penso, fortificación que se levantou durante a Idade Media na actual rúa do Pracer. Para Grato Amor, en Vigo mantívose o nome de Casa Arines porque o último propietario da casa no século XIX pertenceu a esa familia. No ano 1997, o arquitecto Alfonso Penela realizou a rehabilitación do conxunto partindo de tres edificios en ruínas. O conxunto arquitectónico quedou formado por unha torre, a casa e unha pequena construción posterior. A isto incorporouse un pequeno elemento de acceso ao interior. A rehabilitación recibiu o premio Irmáns Gómez Román.
Construción e estilo
O arquitecto Xaime Garrido Rodríguez, no seu libro A arquitectura en Pedra en Vigo indentifícaa como "gótico tardío do século XV".Ten aspecto de torreón medieval, construído con pedra de cantaría, con perpiaños de acabado apiconado, construído en forma de torre, cunha decoración moi sobria onde só destacan os linteis dos vans que dan á Praza de Almeida e unha cornixa con gárgolas para o desaugadoiro da auga de choiva. Na súa fachada ten dous escudos representativos da familia.
Outros artigos
Casa Torre de Pazos Figueroa María Alfonso de Pazos Figueroa
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Mansión
保護指定 Ben de Interese Cultural
地点の標高 ≈ 25 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Vigo、235 m
サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Santiago、1.8 km
自治体の人口 295,735 (2025) · IGE
バスで行く
- Náutico95 m 先Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · San Esteban-Bouzas
- Náutico126 m 先Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas · San Esteban-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Praza Porta do Sol170 m 先Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。