城
カストロ要塞
Vigo · Pontevedra · 1665
写真: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗
Vigoの防御建築, 標高約 111 m, Caminho Português de Santiagoから1.2 km.
A fortaleza do Castro é un forte ergueito no alto do monte do Castro, na cidade de Vigo. A fortaleza actual data do século XVII, e formaba parte, xunto co Castelo de San Sebastián e as desaparecidas murallas da cidade, dunha rede estratéxica de fortificacións para a defensa da cidade.
Historia
A fortaleza do Castro estaba formada por tres recintos amurallados. Na actualidade só se conserva o primeiro recinto e parte do segundo; o terceiro, que sería a muralla da cidade, desapareceu na súa totalidade. O primeiro recinto é a fortaleza que coroa o cumio do Castro. O proxecto de fortificar Vigo remóntanse ao século XVI, por mor dos frecuentes ataques que sufría a cidade, especialmente por parte dos ingleses. Pero non foi até 1665, en plena guerra con Portugal, cando se iniciaron os traballos de fortificación. É, pois, da mesma época que a fortaleza de San Lourenzo, situada en Goián, na beira do Miño. A muralla construída é irregular por mor á orografía aberta por varias portas e defendida por tres baluartes. Tras o asedio de 1665, o capitán xeneral de Galicia ordena completar as obras, e foi logo, en 1666 cando o coronel e enxeñeiro Fernando de Gourannanbergue e mailo mestre de campo Diego Arias Taboada elaboran un intenso plan de fortificación e unión das fortalezas do Castro e de San Sebastián. A xulgar polos escritos da época a cidade nunca quedou ben defendida, pois a fortaleza se encontraba relativamente lonxe do mar e non podía deter os desembarcos. Ademais era doado acadar o cumio sen que o inimigo estivese descuberto. Logo de tres anos rematou a guerra con Portugal e as murallas perderon a súa importancia. Despois de varios intentos de as mellorar, Vigo sofre a soada batalla de Rande (23-24 de outubro de 1702) en plena guerra de sucesión, onde os invasores desembarcaron e saquearon novamente a vila. Despois disto houbo varios intentos inútiles de fortificación da vila. En 1719 sufre o ataque dos ingleses. En 1809, a fortaleza do Castro volve ser protagonista debido á invasión dos franceses do exército de Napoleón Bonaparte, onde o 28 de marzo, a fortaleza é reconquistada polos vigueses tras unha dura e heroica batalla, trala cal os franceses se renden. A vila dende entón pasa a ter o título de "Fiel, Leal e Valorosa".
Características
A fortaleza ten forma poligonal e está construída en fábrica de perpiaño de granito. Hoxe en día atópase aberta ao público, integrada no parque do Castro e completamente axardinada tanto exterior coma interiormente. Dentro atopamos unha ruta botánica con especies exóticas de interese, varias esculturas, un cruceiro, e na parte alta o miradoiro á ría e un xardín formal coa fonte e a escultura en honra ao “Empuxe Vigués" de 1969, obra de Camilo Nogueira Martínez. A fortaleza atópase baixo a protección de Declaración xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949, e a Lei 16/1985 sobre o Patrimonio Histórico Español. A finais de 2013 por orde do Concello de Vigo iníciase o derrubamento do edificio en pedra ameado que fora a localización do restaurante de referencia vigués El Castillo. Co derrubamento descubrirase parte do paramento da muralla agochado parte do século XX.
Galería de imaxes
Outros artigos
Monte do Castro Castro de Vigo Castelo de San Sebastián (Vigo)
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 防御施設
保護指定 Ben de Interese Cultural
地点の標高 ≈ 111 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Vigo、649 m
サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Santiago、1.2 km
自治体の人口 295,735 (2025) · IGE
行き方
営業時間 Mo-Su 08:00-23:00
入場料 無料
バスで行く
- Rúa Camelias 6198 m 先Santiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · A Xunqueira-Vigo
- Rúa conde de Torrecedeira584 m 先Pontevedra-Vigo (por AP-9 e Torrecedeira) · Pontevedra-Vigo (por AP-9 e Torrecedeira) · Ribeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro-Pontevedra-AP-9-Vigo · Ribeira-A Pobra do Caramiñal-Boiro-Pontevedra-AP-9-Vigo
- Praza Porta do Sol661 m 先Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。