大聖堂
Concatedral de Santa María de Vigo
Vigo · Pontevedra · 1816

A Concatedral-Basílica de Santa María de Vigo é un templo católico situado na cidade de Vigo, na praza da Igrexa. Desde 1959 ten a consideración de concatedral, compartindo a sé catedralicia da diocese de Tui-Vigo coa catedral de Tui, e, dende 2020, tamén a de basílica. Foi construída entre 1811 e 1834, substituíndo a antiga colexiata, danada trala explosión dunha polvoreira en 1809. O actual edificio foi deseñado por Melchor de Prado y Mariño, membro da Real Academia de San Fernando. O seu estilo principal é o neoclásico, se ben as torres son barrocas.
Historia
Os primeiros rexistros da existencia dun templo vigués baixo a advocación de Santa María datan do século XII. Nun documento de 1156 o bispo Paio Mendes e o seu cabido repártense as parroquias da diocese de Tui. Noutro documento de 1170 o rei Fernando II de Galiza outorga a igrexa ao bispado como compensación por outros territorios tomados para a coroa. Tamén aparece mencionada en distintos documentos dos mosteiros de Melón e Oia. A ese templo seguiulle outro de estilo gótico, construído a finais do século XIV e finalizado en 1403, que conservaba varias capelas e os transeptos do anterior. O 11 de xuño de 1497 constituíuse como colexiata, sendo o seu primeiro prior Jaime González de Pedroso. En 1589 a igrexa foi saqueada polo pirata Francis Drake. Cara a 1680 efectúanse numerosas reformas no templo. En 1809 explotou unha polvoreira próxima, situado no castelo do Castro. A igrexa sufriu graves danos, polo que tivo que proxectarse unha nova. O proxecto foi encargado ao santiagués Melchor de Prado y Mariño, que o presentou en 1811, se ben non se iniciaron as obras até 1816 debido á Guerra da Independencia Española. Tamén se achatou o terreo para crear a pequena praza dianteira. As obras remataron en 1838, coa construción do tabernáculo e os altares laterais.
Arquitectura
Igrexa antiga
O templo gótico, existente entre o século XV e o XIX, estaba formado por unha nave central e unha serie de naves laterais coroadas con bóvedas de cantaría. O tímpano de entrada representaba a Anunciación máis a Adoración do Magos. O altar maior estaba formado por un retablo dourado que representaba a Santa Trindade e a Asunción da Virxe coroado por un crucifixo de vidro. Detrás do altar había un pequeno nicho ou camarín cunha imaxe da Virxe. No sagrario estaban representados os doce apóstolos e os anxos. A ambos os dous lados do altar maior había dous altares laterais, dos que destacaba o de San Bieito, de ouro e alabastro, no que un altorrelevo representaba o Viacrucis e que estaba acompañado de numerosas figuras de personaxes relixiosos. Este altar fora doado polo arcebispado de Londres, polo que estaba coroado polo escudo de Inglaterra. O outro altar lateral estaba dedicado a Santa Catarina e San Sebastián, e nel tamén estaban representados a Quinta Angustia, Santo Amaro e a Madalena. A ambos os dous lados da nave principal situábase unha serie de capelas laterais decoradas con pinturas murais. A capela de Santa Ana tiña tres esculturas de pedra de Santa Ana, Santo Antón e San Roque. A capela do Rosario tiña imaxes de madeira do Rosario e de San Martiño. A capela de San Martiño tiña imaxes de San Martiño, San Pedro e Santiago, unha estatua de San Brais e o altar da Resurrección. Había unha capela dedicada ao seu patrocinador, Gregorio de Paços, na que estaban representados Santa Ana, San Miguel, Santo Antón e San Gregorio. A capela do Anxo Custodio acollía un retablo cos doce apóstolos e maila Virxe e un altar adicado á Madalena. Outra capela estaba dedicada a San Bertomeu, San Xoán e Santiago, cunha imaxe de Santo Estevo. Dentro do templo tamén destacaban a cantaría perpiaño do coro e o órgano. No exterior, a igrexa estaba coroada por unha única torre de planta cadrada que tiña no alto un reloxo de campá, así como dúas campás grandes e dúas pequenas.…
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- Náuticoa 117 mCangas de Morrazo E.A.-Bouzas · San Esteban-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Náuticoa 130 mCangas de Morrazo E.A.-Bouzas · San Esteban-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · San Esteban-Bouzas
- Praza Porta do Sola 167 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.