教会堂
Igrexa de San Martiño de Andrade
Andrade · Pontedeume · A Coruña
写真: Xosé Antonio · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Andrade, Pontedeumeの宗教建築, 標高約 164 m, Camiño Inglésから1.7 km.
A igrexa de San Martiño de Andrade é un templo barroco do século XVIII dunha soa nave situado no lugar da Pía, na parroquia eumesa de Andrade. Foi edificada sobre outra anterior románica do século XII da que conserva a ábsida semicircular e parte do muro norte.
Ábsida
A ábsida está dividida en tres tramos por dous contrafortes. En cada tramo ábrense ventás da mesma traza cas da ábsida da igrexa de San Xoán de Vilanova e dimensións case idénticas. Posúe trece canzorros de temática xeométrica, zoomorfa e antropomorfa. O comezo da ábsida desde o muro sur, e parte deste, áchanse ocultos pola sancristía, engadida posteriormente como un anexo á igrexa. A parte interior da ábsida, oculta á vista polo retablo do altar maior, está recuberta con cal, froito de sucesivos branqueos. Malia iso, obsérvanse restos de decoración en dentes de serra de cor carmesí.
Muro norte
A parte do muro máis próxima á ábsida é o da primitiva igrexa románica que tiña unha porta de arco de medio punto, hoxe tapiada. O límite da parte románica do muro apréciase claramente no interior por reducirse considerabelmente o seu grosor ao pasar á parte que non é románica.
Fachada
Na fachada barroca aprécianse en sentido ascendente seguindo o eixo vertical: unha porta rectangular con decoración en orelleiras, unha pequena fornela rematada en arco de medio punto, unha ventá rectangular e, sobre unha base rectangular, unha espadana de dous ocos rematada en pináculos con bóla. No ano 1943 a fachada foi trasladada 9 metros por mor dunhas obras de restauración e ampliación da igrexa que supuxeron un aumento da súa longura na cantidade indicada.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 教会
奉献先 Martiño de Tours
地点の標高 ≈ 164 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Pontedeume、2.8 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、1.7 km
自治体の人口 7,428 (2025) · IGE
バスで行く
- OS LOUREIROS573 m 先Centro salud Pontedeume-Doroña · CENTRO SALUD PONTEDEUME-DOROÑA
- OS LOUREIROS574 m 先Pontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-Monfero (concello)
- CEIP Plurilingüe de Andrade625 m 先Centro salud Pontedeume - Vilachá · Centro salud Pontedeume - Vilachá · Centro salud Pontedeume-Doroña · CENTRO SALUD PONTEDEUME-DOROÑA
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。