教会堂
Igrexa de Santiago de Vigo
Vigo · Pontevedra

A igrexa de Santiago de Vigo é unha igrexa decimonónica que se atopa na cidade de Vigo. == Historia == Xa a finais do século XIX co crecemento da vila grazas ao pulo industrial e portuario, estúdase a construción dunha nova igrexa parroquial polos contratistas Cerviño e Senra. No verán de 1882 decídese a localización da nova sé, que cambiara varias veces, para ficar no daquel chamado Campo do Rei, hoxe na rúa García Barbón. Manuel Felipe Quintana encárgase do proxecto, redáctao en 1896, e despois de varias paradas por mor dos problemas económicos, remata en 1907. O proxecto inicial considerara dúas torres altas na fachada principal, que tivo que se recortar. == Descrición e estilo == A igrexa feita en cantaría de perpiaño granítico ten un corte medieval historicista, inclúe catro fachadas, coa principal de estilo neogótico, porén as súas formas non son esveltas e diáfanas, senón que ten aparencia pesada polas súas grandes superficies macizas. O templo, aínda que bastante embutido, forma un rueiro enteiro para aproveitar a luz e consta dunha planta rectangular de tres naves sen cruceiro, a nave central ten unha amplitude maior ca as laterais, das que se separa por arcos apuntados. Sobre o pórtico da entrada sitúase o coro. As naves laterais reciben a luz a través de vans de arcos apuntados, mentres que a nave central, a maior, recibe a luz a través de trilóbulos ou pequenos rosetóns de trazaría con tres lóbulos inscritos no seu interior que se sitúan elevados sobre a nave na fachada principal. As bóvedas son de cruzaría, con contrafortes laterais, rematados en pináculos neogóticos. A cabeceira está alumeada por tres fiestras oxivais de gran tamaño na ábsida, a cabeceira é poligonal e fica enmarcada nun rectángulo no que se achan as sancristías. == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Páxina do Concello de Vigo Turismo.gal Xunta de Galicia.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- Colóna 192 mSan Esteban-Bouzas · San Esteban-Bouzas
- Santiago de Vigoa 203 mSantiago-Padrón-Caldas-A Xunqueira-Vigo · Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
- Santiago de Vigoa 207 mA Xunqueira-Vigo · Santiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.