주교좌 성당

Colexiata de Santa María de Sar

Santiago de Compostela · A Coruña

Colexiata de Santa María de Sar

A colexiata de Santa María a Real do Sar é un templo románico con casa de cóengos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, en Santiago de Compostela.

Historia

Foi fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario da diocese de Mondoñedo e antigo colaborador de Diego Xelmírez, quen rematou a obra trala morte de Munio en 1136. A construción comezou pola cabeceira, ao mesmo tempo que se traballaba tamén nos muros do perímetro. Porén, o proceso foi lento e complexo e precisou de importantes modificacións e reconstrucións nos séculos XVI, XVIII e XX. A función do cenobio era a de servir de lugar no que os vellos cóengos puidesen retirarse, e para iso concedíanselle xenerosos privilexios e doazóns que fixeron que a institución funcionase ata o século XVII. A partir de entón comezou un lento proceso de declive ata transformarse en templo parroquial no ano 1867.

Descrición

O trazo máis sobranceiro deste edificio e o que o fai singular entre todos os de Galicia é a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares. Paralelo ao muro sur do templo consérvase parte dun dos lados do claustro medieval, destacado exemplo do románico compostelán de tempos do arcebispo Xoán Arias. Na igrexa e no claustro consérvase unha importante colección de sarcófagos, dos que o máis antigo é o do arcebispo Bernardo, que, retirado en Sar, morreu no ano 1240. No interior do templo atópase o Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar, con pezas que amosan a vida desta comunidade monástica ao longo dos séculos.

Galería de imaxes

Outros artigos

Mosteiros e conventos de Galicia

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

가는 길

휠체어 제한적

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처