수도원
Convento de San Paio de Antealtares
Santiago de Compostela · A Coruña
사진: José Luis Filpo Cabana · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Santiago de Compostela의 종교 건축물, 해발 약 273 m, Camiño Inglés에서 49 m.
San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura. Está situado no casco vello de Santiago de Compostela, fronte á cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, pechando a praza da Quintana.
Historia
Mosteiro primitivo
O primeiro mosteiro foi fundado por volta do 830 por Afonso II o Casto e ocupárono unha ducia de monxes bieitos comunidade que tiña como misión atender e manter o culto ás reliquias do apóstolo Santiago o Maior. A esta primeira comunidade entregou o rei un pequeno couto que pouco despois ampliou ata chegar ás 3 millas desde a igrexa de Santiago. Levantouse o mosteiro ao leste do mausoleo romano onde se atoparon os restos apostólicos, en fronte da súa porta de acceso, o que fixo que o mosteiro recibise a denominación de Antealtares. Ningún vestixio ten chegado ata os nosos días daquela primeira construción xa que desde o século IX ao XI estivo contiguo ao testeiro da igrexa de Santiago, no lugar que ocupou a cabeceira do templo románico da catedral que substituíu a antiga igrexa. En 1077, o abade Faxildo e o bispo Diego Páez chegaron, na Concordia de Antealtares, a un acordo sobre q nova localización do mosteiro, que se situaba diante dos tres altares, na honra do Salvador, de San Pedro e de San Xoán. Neste mosteiro disque compuxo o bispo San Pedro de Mezonzo o himno "Salve Regina". Nos anos de decadencia, os monxes bieitos abandonárono case en ruínas (derrubouse en 1256) e instaláronse en San Martiño Pinario.
O Estudio de Gramática
O 4 de setembro de 1495 outorgáronse as escrituras de doazón de tódalas dependencias do mosteiro agás a igrexa para que Lopo Gómez de Marzoa funde nel un colexio para estudantes pobres, o coñecido como Estudio de Gramática, xermolo da Universidade de Santiago de Compostela. En 1499 foi ocupado por unha comunidade de monxas bieitas de clausura, que nel permanece até hoxe.
Descrición
A igrexa
A construción da igrexa, encetada en 1700, durou nove anos e iniciouna frei Gabriel de Casas, no ano 1699, coa demolición da anterior igrexa. En 1703 a comunidade beneditina retirou a súa confianza o arquitecto (pola lentitude das obras) e foi Pedro García quen continuou as obras, seguindo as trazas xa iniciadas. O novo templo inaugurarase solemnemente no ano 1707. A fachada é sinxela pero monumental e mostra a San Paio mártir. A planta é de cruz grega e está recuberta con bóvedas de canón con casetóns. A cúpula elévase sobre pendentes moi decorados e remata nunha lanterna que ilumina o interior.
Imaxinería
O retablo maior é obra de Francisco Castro Canseco (1714) e nel aparecen tres santos, San Bieito, San Plácido e San Mauro e tres santas, Santa Escolástica, Santa Xertrude e Santa Francisca Romana, conducindo a imaxe de San Paio, arrodeado por Santiago e San Fernando montados a cabalo (inspirados no baldaquino catedralicio). O conxunto complétase cunha Asunción da Virxe, acompañada polos apóstolos Pedro e Paulo. O órgano, construído en 1782 polo mestre Alberto de la Peña, foi restaurado recentemente.
Convento actual
Do mosteiro primitivo só se conservan uns capiteis e unha ara de mármore branco. O actual comezouse a construír no século XVI e rematouse só en 1793. A renovación comezouse no ano 1600. Encargóuselle a Mateo López a traza da zona occidental, cara á praza da Quintana e construíuse un lenzo monumental e austero. No 1641 Jácome Fernández Fillo rematou parte deste lado trazado por Bartolomé Fernández Lechuga. Entre 1653 e 1657 construíuse un pasadizo que enlaza esta parte coa igrexa. A fachada que dá á praza da Quintana, é sobria e utiliza exclusivamente liñas rectas. A súa monumentalidade provocou os celos do arcebispado e foi a principal causa da remodelación da cabeceira románica da Catedral, obra que deu como resultado o aspecto que posúe actualmente.…
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
자료
종류 Mosteiro
양식 Arquitectura barroca
봉헌 대상 Paio de Albeos
소속 Camiño de Santiago francés na provincia da Coruña
지붕 기와
층수 3
보호 지정 Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
지점 고도 ≈ 273 m · Terrain Tiles
가장 가까운 마을 Santiago de Compostela, 233 m 거리
산티아고 순례길 Camiño Inglés, 49 m 거리
지자체 인구 100,842 (2025) · IGE
가는 길
주소 C/. San Pelayo de Antealtares, 23
버스로 가기
- Rúa Nova435 m 거리A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- Avda. de Xoán XXIII725 m 거리Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIII729 m 거리Carballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
자치정부 대중교통 정류장입니다. 정류장이 있다고 오늘 버스가 지나간다는 뜻은 아닙니다. 노선은 운행 횟수가 많은 순으로 정렬했고, 시간표는 bus.gal ↗에 있습니다.