수도원

Convento de San Francisco do Val de Deus

Santiago de Compostela · A Coruña

Convento de San Francisco do Val de Deus

San Francisco de Val de Deus é un convento franciscano fundado a comezos do século XIII en Santiago de Compostela, declarado monumento histórico artístico. Está situado no casco vello da cidade, no lugar coñecido como o Val de Deus. == Historia == Di a lenda que San Francisco de Asís, en peregrinación a Compostela en 1214, hospedouse cun carboeiro chamado Cotolai na súa choza do Monte Pedroso. Encomendoulle a este construír un mosteiro pero cando lle replicou que non tiña recursos, mostroulle un tesouro preto da ermida de San Paio do Monte que lle permitiría levar a cabo a obra. Val de Deus era un terreo propiedade do mosteiro beneditino de San Martiño Pinario, que o cedeu en troques dunha cesta de peixe anual, que se seguiu entregando até fins do século XVIII. O convento primitivo veuse abaixo a comezos do XVIII e non fican del máis que cinco arcos apuntados que se conservan no claustro principal e o sepulcro de Cotolai. Estes arcos estaban na sala capitular, na que Carlos V celebrou cortes en 1520. A reconstrución, que implicaba cambiar a orientación da súa igrexa) encetouse en 1742, e non foi sen problemas, xa que os veciños (especialmente os monxes de San Martiño) queixábanse da magnitude da obra, que lles restaba luz e ventilación e, a máis, ocuparía terras pertencentes aos de San Martiño. A disputa saldouse rebaixando a altura da igrexa franciscana. == Descrición == A renovación da fábrica medieval iniciouse co arcebispo Maximiliano. === A igrexa === As obras do novo templo seguiron as trazas dadas por Simón Rodríguez, pese a que a lentitude das obras fai que a participación doutros mestres inclúan algún cambio substancial. A planta da igrexa corresponde o tipo "xesuítico", en forma de rectángulo no que se inscribe unha cruz latina. ==== A fachada ==== A fachada da igrexa, deseñada (en estilo barroco) no XVIII por Simón Rodríguez, imponse no contorno polo seu tamaño. Foi executada por Frei Manuel Caeiro, non estando rematada aínda no 1770, feito que fai que responda a dous conceptos diferenciables na decoración reducida a parte inferior da mesma, cambiando drasticamente por riba da altura do taboado que cambia de forma perceptible adaptándose aos principios neoclásicos A parte inferior é barroca e a superior neoclásica e consta de tres corpos e tres rúas. Na central destacan catro columnas dóricas que flanquean unha imaxe de San Francisco (obra de Xosé Ferreiro). O segundo corpo está dominado por un enorme ventanal flanqueado por columnas xónicas, sobre as que se apoia un frontón triangular. As rúas laterais soportan os dous campanarios. ==== O adro ==== O adro atópase varios metros por debaixo do nivel da rúa nun extremo, e diante del, a res desta, érguese un monumento a San Francisco realizado por Francisco Asorey en 1926. ==== Interior do templo ==== O interior do templo é tamén sobrio, se ben monumental. A planta é de cruz latina con tres naves. A central, de cinco tramos, e o cruceiro cuberto por unha bóveda de canón con cúpula de media laranxa nos pendentes, modificacións de Frei Manuel Caeiro. Na decoración do interior do templo apréciase a pegada de Simón Rodríguez coa decoración de placas e cilindros. Aos lados das naves e aos do presbiterio sitúanse capelas intercomunicadas sobre as que descorre unha tribuna. A sancristía trala capela maior ten a mesma anchura co templo. ==== Imaxinería ==== Ás naves laterais ábrense quince retablos, a maioría realizados por frei José Rodríguez, o mesmo que o retablo central. Este último consta de tres corpos. No inferior, Domingos de Guzmán, fundador da Orde dos Predicadores, e Boaventura de Bagnoregio, primeiro cardeal da Orde Franciscana, acompañan unha imaxe da Virxe. No segundo, unha talla de San Francisco, obra de Xosé Ferreiro Suárez ten a seu carón un escudo da Orde de San Francisco e outro coa Cruz da Terra Santa e as Cinco Chagas do santo. No corpo superior hai outra talla de Santa Clara e no centro un libro aberto. === Os claustros === Foi coas obras do claustro principal coas que se iniciaron as tarefas de reedificación, que se realizaron con gran rapidez.…

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처