교회당
Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro
Viveiro · Lugo

A igrexa de Santa María do Campo é un templo relixioso situado en Viveiro, na provincia de Lugo. Está situada na parte máis alta do centro histórico, xunto ao Convento das Concepcionistas. == Historia == É a igrexa máis antiga da vila. É de estilo románico, seguramente construída no século XII, se ben non se coñece con exactitude a data de construción. Segundo o Libro de actas do Concello, esta basílica remóntase a unha época antiquísima na súa construción e tan difícil de descubrir que se perde na historia dos séculos. == Arquitectura == A fachada principal consta de 4 arquivoltas semicirculares, apoiadas as interiores sobre tres columnas. Catro pasos ofrecen o acceso ao templo. Sobre a portada hai un tornachoivas, e sobre el un rosetón. A fachada termina en punta de dúas vertentes e está coroada por unha cruz. Ten aos lados dúas torres cuadrangulares, rematadas en forma de campá. Na da esquerda está situado un reloxo e na da dereita o campanario con tres campás. A planta é de forma basilical, con tres naves separadas por columnas: a central de seis metros de ancho e as laterais de tres. O templo posúe magníficos ornamentos e ourivaría, destacando a gran cruz procesional, que data do século XVI == Notas ==
위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗
Chegar en bus
- Xardíns (conservatorio)a 228 mCovas (motel)-Viveiro E.A. · A Cabana (Vieiro)-Viveiro E.A. · Santa Mariña-Viveiro E.A. · Xove II-Xardíns (conservatorio) · A Viga (enlace I)-Viveiro E.A. · Valcarría (igrexa)-Viveiro E.A.
- VIVEIRO E.A.a 298 mAvd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Avd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Ferrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela) · Ferrol E.A.-Hospital Público da Mariña (Burela) · Lugo E.A.-Burela E.A. · Lugo E.A.-Mondoñedo-Viveiro E.A.
- Viveiro (oficina de turisa 306 mCeleiro (Náufrago)-Escourido · Escourido-Rúa Lavandeiras 11
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.