Monteferro

Nigrán · Pontevedra

Monteferro

Monteferro é un lugar da parroquia de Panxón, no concello de Nigrán. == Descrición == Permite unha visión dende a costa da paisaxe do interior do concello e do litoral da praia de Area Loura (praia América) e a praia de Patos, así como de Baiona e as illas Estelas, dende a súa península. Ademais da beleza do seu arboredo e as súas vistas, Monteferro destaca polo seu rico patrimonio histórico. Na ladeira noroeste descubriuse en 1993 un depósito arqueolóxico de restos romanos con muros de lousa, un sistema de canalización de augas así como numerosas pezas de cerámica. No seu cumio está o monumento á mariña universal, erixido en 1913 por subscrición popular. Polo camiño que discorre cara ó lado norte do acceso ó faro atópase unha parede utilizada para facer escalada. == Galería de imaxes == == Lugares e parroquias == === Lugares de Panxón === === Parroquias de Nigrán === == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === BRAVO PINTOS, MINIA e outros, Monteferro, Aula de renovación urbana e rehabilitación, USC, 60 pax., xuño de 2009 (en castelán).

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

이 근처