해변

Praia de San Pedro

Cabana de Bergantiños · A Coruña

Aínda non hai foto de Praia de San Pedro

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.22400|-8.97120}}

A praia de San Pedro é un areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños, a carón da praia de Rebordelo. Está bañada pola ría de Corme e Laxe. Chégase a ela desde o lugar de San Pedro, se ben non ten un acceso fácil. Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o pinto (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis), a lapa ou o percebe; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico. Apenas recibe a visita de bañistas, e está en estado virxe e natural. Está encaixada entre dous brazos montañosos que a resgardan dos ventos. Non conta cos servizos de aparcadoiro, duchas nin socorrismo. Por esta praia pasa a 3ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Outros artigos

Camiño dos Faros

위키백과 갈리시아어 문서, CC BY-SA 라이선스. 전체 문서 읽기 ↗

지도에서 보기위키백과에서 읽기길찾기

이 근처