Castro
A Roda de Espiño
Grixalba · Sobrado · A Coruña
Foto: One2 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A Roda de Espiño (ou simplemente A Roda), tamén coñecida coma o alto de Espiño, alto da Roda ou castro de Sante, é un castro da parroquia de Grixalba (Sobrado) situado nas inmediacións dos lugares de Sante e As Cruces.
Toponimia
O topónimo «A Roda de Espiño» está formado polo tamén topónimo «Roda» e polo antropónimo «Espiño». Canto a «Roda», procedería do latín rota (‘roda’), isto é, un espazo arredondado ou circular. No entanto, tamén podería ser un hidrónimo que tería orixe na raíz indoeuropea rod-, da cal proceden diferentes hidrotopónimos de toda Europa. Pola súa banda, «Espiño» fai referencia á casa a que pertencen as terras do castro.
Morfoloxía
A unha altitude de 585 msnm, o seu recinto ten uns 75 metros de diámetro e consta dun «aparente complexo sistema defensivo», desfigurado polos camiños e os labores agrícolas. A parte sueste está destruída. No interior existen abondosos afloramentos rochosos. O acceso orixinal non se conserva e podería estar ó leste. Alén disto, cómpre salientar a posíbel existencia dun segundo recinto duns 40 metros de diámetro inmediato ó sur-sueste do principal. A complexa estrutura global do castro permite teorizar sobre un castro primitivo coa súa posterior ampliación.
Arqueoloxía
Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Porén, téñense atopado tégulas, unha columna (nunha leira do nordeste) e catro muíños de man. Por outra banda, en 1978 achouse nas proximidades unha machada neolítica, a cal se conserva no Museo da Terra de Melide.
Folclore
É un dos castros do concello de Sobrado con maior número de lendas asociadas. Estes relatos fan referencia sobre todo ós mouros, mais tamén á existencia dunha cova ou mina, ás trabes de ouro e alcatrán etc.
Outros artigos
Cultura castrexa Castros de Galiza
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 579 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Teixeiro, a 7,4 km
No concello viven 1.822 (2025) · IGE
Chegar en bus
- SANTEa 410 mCEIP Virxe do Portal-Costoia · CEIP Virxe do Portal-Costoia
- AS CRUCESa 497 mIES de Curtis-As Cruces · IES de Curtis-As Cruces · CPI Armando Cotarelo Valledor-Guisó · Betanzos (institutos)-Montesalgueiro-Sobrado · Betanzos (institutos)-A Torre Lavandeira-Sobrado · Betanzos (institutos)-A Torre Lavandeira-Sobrado
- O Vilar da Maceiraa 794 mCEIP Virxe do Portal-Costoia · CEIP Virxe do Portal-Costoia
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Mosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesMosteiro
Castro de FoxadoCastro
Campamento romano da CiadellaCampamento romano- Medorra de FanegasDolmen
- Serra da Cova da SerpeMonte e serra
Ponte gótica de GuisóPonte histórica
Ponte de Porto BoisPonte histórica
Ponte no camiño As Cruces-A PenagrandePonte histórica