Monte e serra
Serra da Cova da Serpe
A Porta · Sobrado · A Coruña
Aínda non hai foto de Serra da Cova da Serpe
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.04674|-8.02823}}
A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.
Características
Trátase dun pequeno cordal montañoso duns 25 quilómetros de lonxitude, que se estende en dirección N-S. Forma parte do conxunto de serras, denominadas polos xeógrafos, en conxunto, a dorsal atlántica ou dorsal galega, que atravesa Galiza desde a Estaca de Bares - serra da Faladoira - ata a serra do Faro de Avión, nos lindes entre Ourense e Pontevedra, seguindo unha liña de dirección meridiana, de arredor de 200 km. A serra da Cova da Serpe separa aproximadamente os concellos de Curtis e Sobrado, na provincia da Coruña, dos de Guitiriz e Friol na de Lugo. A serra serve para a cría de gando vacún e cabalar libre. Pola zona hai grandes plantacións de piñeiros. No cumio da serra hai varias antenas de telecomunicacións e un parque eólico.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Serra
Altitude do punto ≈ 565 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Melide, a 14,7 km
Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 745 m
No concello viven 1.822 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Sobradoa 807 mBoimorto-Sobrado · Sobrado-Santiago E.I.
- Sobradoa 813 mBetanzos (institutos)-Montesalgueiro-Sobrado · Betanzos (institutos)-A Torre Lavandeira-Sobrado · Betanzos (institutos)-A Torre Lavandeira-Sobrado · Betanzos (institutos)-Montesalgueiro-Sobrado
- Sobradoa 820 mBoimorto-Sobrado · Sobrado-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.