Dolmen
Medorra de Fanegas
A Ciadella · Sobrado · A Coruña
Aínda non hai foto de Medorra de Fanegas
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.08083|-8.03733}}
A medorra de Fanegas é un túmulo megalítico situado entre as parroquias da Ciadella, no concello de Sobrado, e Vilariño, no concello de Vilasantar.
Descrición
Localízase nas proximidades do campamento romano da Ciadella, e forma parte dun numeroso grupo de túmulos funerarios do megalitismo galego, emprazados sobre unha vigorosa dorsal topográfica. Tendo en conta a presenza de tégula romana sobre a superficie do túmulo e no cono de violación, así como a situación do monumento ó lado dunha das vías romanas que conducían ó Campamento e nunha localización dende a que se dominaba este, formulouse a hipótese de que o túmulo puido ser reempregado en época romana para construír unha torre ou posto de observación. Con esta idea realizouse a escavación durante o mes de setembro de 1983. A escavación permitiu documentar unha construción rectangular sobre o túmulo feita nun momento contemporáneo á utilización do campamento de Cidadela. Baixo ela atopábase o monumento orixinal. Este estaba formado por un túmulo de terra rodeada dun anel perimetral e cunha coiraza pétrea que cubría a súa parte superior. No interior estaba pechada unha cámara megalítica de pequenas dimensións totalmente destruída por unha violación anterior á construción romana.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Túmulo funerario (mámoa)
Altitude do punto ≈ 481 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Teixeiro, a 6,4 km
No concello viven 1.822 (2025) · IGE
Chegar en bus
- INSUAa 1,2 kmCurtis-Vilasantar · Curtis-Vilasantar
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.