Aeroporto

Aeródromo da Canosa

Salcidos · A Guarda · Pontevedra · 1930

Aínda non hai foto de Aeródromo da Canosa

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|41.89908|-8.84150}}

O aeródromo da Canosa foi un aeródromo situado na illa Canosa no esteiro do río Miño, pertencente ao concello da Guarda.

Historia

A primeira aterraxe realizouna Nemesio Álvarez Sánchez, piloto de aviación e fillo dun alcalde da Guarda, cando decidiu ir en aeroplano á súa vila natal Guarda. Ao estar nunha illa era necesario empregar unha barca para ir a terra firme. Foi o primeiro aeródromo militar de Galicia, e chegou a ser visitado o 18 de agosto de 1934 por 23 aeroplanos procedentes de Xetafe. A comezos da guerra civil un aeroplano procedente deste aeródromo lanzou papeis sobre Vigo instando os golpistas a renderse ou ser bombardeados, alarmando á cidade. O último uso coñecido foi en 1956.

Outros artigos

Aeroportos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estado En ruínas

Vila máis próxima A Guarda, a 2,7 km

Ruta que pasa preto Caminho Português da Costa, a 1,3 km

No concello viven 9.994 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar