Monte e serra

Alto do Fiouco

Pastoriza · Lugo

Alto do Fiouco

O Alto do Fiouco é un colado situado a 698 m de altitude na xuntura do Cordal de Neda coa serra de Lourenzá. Separa a bacía do río Masma (vertente cantábrica) da do río Miño (vertente atlántica) e comunica as parroquias de Argomoso (Mondoñedo) e Cadavedo (Pastoriza). Recibe o seu nome polo Cristo do Fiouco, un cruceiro teitado á beira da estrada que o atravesa. A autovía A-8 pasa lonxitudinalmente polo Fiouco no punto quilométrico 547, no tramo entre Lindín (Mondoñedo) e A Carreira (Abadín). No alto do Fiouco produciuse un accidente multitudinario o 26 de xullo de 2014, no que perdeu a vida unha persoa e se viron implicadas varias decenas de coches a causa da néboa. Ten sona precisamente debido a estar o paso da autovía pechado con frecuencia, pois segundo un estudo preto do 10% do tempo ten unha visibilidade menor de 50 m. O motivo principal da néboa na zona é o arrefriamento do aire húmido procedente da costa, denominado efecto Föhn. A néboa era un fenómeno longamente coñecido no lugar antes da construción da autovía. A raíz do accidente, o Ministerio de Fomento habilitou diversas medidas provisionais e está a desenvolver un proceso para tentar evitar a néboa e os numerosos peches do servizo da autovía. == Notas ==

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar