Fervenza
Salto do Coro
Argomoso · Mondoñedo · Lugo
Foto: Agremon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O salto do Coro é unha fervenza do rego de Argomoso, afluente do río Valiñadares, situada na parroquia de Argomoso (Mondoñedo). O salto ten unha única caída sobre unha rocha lisa, duns 15 m de altura, cun estanque natural ós seus pés. O acceso é sinxelo por un camiño inclinado de máis de medio quilómetro dende a beira do Valiñadares. Ata alí, o acceso pode facerse andando ou mesmo en coche.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 283 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Mondoñedo, a 2,8 km
Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 1 km
No concello viven 3.301 (2025) · IGE
