Xacemento arqueolóxico
Antigo Mosteiro de San Xoán da Cova
Vedra · A Coruña

O mosteiro de San Xoán da Cova foi un mosteiro situado na parroquia da Ponte Ulla (concello de Vedra) aos pés do río Ulla, e moi preto da actual ponte de Gundián. == Historia == Foi levantado na honra de Xoán Bautista entre o último terzo do século IX ou comezos do X. Non se coñece o lugar exacto pero crese que foi construído parcialmente nunha cova. Segundo algunhas fontes o mosteiro tivo que ser restaurado tras as invasións viquingas entre os anos 968 e 970. Un forte temporal acontecido no ano 1574 destruíu o mosteiro ademais de danar seriamente as pontes de Ponte Ulla e Sarandón. Ata o século XIX aínda eran visibles os seus restos, pero a mediados do século XX e coa construción da ponte do Gundián estes restos quedaron sepultados por capas de terra, pedras ou botados ao río. Unha lenda di que unha gran cova conectaba o mosteiro co Pico Sacro, situado varios quilómetros arriba. Do mosteiro consérvase un tombo que tiña función notarial no que se deixaban rexistrados procedementos administrativos. O lugar foi obxecto de estudo no ano 2025 dentro do programa Iohanes in Eremo financiado pola Deputación da Coruña e levado a cabo pola empresa Cado Arqueoloxía co apoio do concello de Vedra e as asociacións Raiceiros e Terras de Compostela. Durante as primeiras investigacións atopáronse máis de trescentos restos de orixe medieval, estruturas e materiais cerámicos, muros somerxidos nas augas do Ulla que poderían ser do mosteiro e incluso unha cova con material prehistórico. == Notas ==
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Caldelasa 528 mCPI de Vedra-Caldelas · CPI de Vedra-Caldelas
- San Xoána 656 mCPI de Vedra-Caldelas · CPI de Vedra-Caldelas
- Donasa 1.0 kmCPI Plurilingüe Antonio Orza Couto-O Empalme (Vilar) · CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto-O Empalme (Vilar)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.