Arquivo e biblioteca histórica

Arquivo de Galicia

Santiago de Compostela · A Coruña

Arquivo de Galicia

O Arquivo de Galicia (situado na Cidade da Cultura de Galicia, no Monte Gaiás) é un centro que recibe, custodia, comunica e difunde o patrimonio documental de Galicia, para o servizo da Administración e os cidadáns. Custodia os documentos producidos pola Xunta de Galicia e os órganos e entidades dela dependentes desde a súa creación (1982), así como outros de calquera procedencia que, polo seu ámbito e interese, se lle poidan asignar. É cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia, por iso simboliza a unidade do patrimonio documental da comunidade. Este patrimonio comprende unha porción notable da súa cultura escrita e caracterízase, entre outros aspectos, pola súa calidade, antigüidade, diversidade, invisibilidade e dispersión. Depende organicamente da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e foi inaugurado en xaneiro de 2011. == Edificio == O arquivo ocupa o edificio do extremo leste do complexo que compón a Cidade da Cultura de Galicia, proxectada polo arquitecto norteamericano Peter Eisenman. O conxunto articúlase a través dunha trama de rúas, soportais, xardíns e prazas inspirada no centro histórico da cidade de Santiago de Compostela, declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985. == Funcións == O Arquivo de Galicia exerce as funcións de centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia e arquivo intermedio e histórico do Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia, e como tal ten o deber de conservar, difundir e acrecentar o patrimonio documental de Galicia. En concreto correspóndenlle as seguintes: Recibir os documentos procedentes dos diferentes órganos da Xunta de Galicia ou das entidades públicas dependentes dela cun ámbito territorial superior a unha provincia. Recibir os documentos procedentes de organismos, institucións e entidades públicas de ámbito autonómico dependentes da Xunta de Galicia que fosen suprimidos, con independencia da súa antigüidade, e calquera outro fondo de carácter público ou privado de interese xeral para a comunidade autónoma que se acorde despositar nel. Programar, coordinar e dirixir a identificación, valoración e selección documental de todos os arquivos do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia. Organizar e describir os fondos documentais que custodie. Conservar os fondos documentais que custodie. Coordinar os programas de reprodución con fins de conservación de fondos do patrimonio documental de Galicia. Facilitar o acceso aos documentos que custodie e á información contida neles nos termos que establece a lexislación. Difundir por calquera medio os fondos documentais que custodie e, en xeral, o patrimonio documental de Galicia. Establecer e desenvolver normas técnicas arquivísticas para o Sistema de Arquivos de Galicia. En xeral, calquera outra función que lle sexa encomendada por razón da súa competencia. == Historia == En febreiro de 2008 créase a Subdirección Xeral do Arquivo Nacional de Galicia coa finalidade de exercer as funcións de centro de referencia do Sistema de arquivos de Galicia e de arquivo histórico do subsistema de arquivos da Xunta de Galicia (Decreto 17/2008, do 7 de febreiro —DOG nº 35, do 19 de febreiro—). Como consecuencia da reestruturación da Xunta de Galicia no ano 2009, o Decreto 337/2009, do 11 de xuño, polo que se desenvolve a estrutura orgánica da Consellería da Cultura e Turismo —DOG nº 125, do 29 de xuño— asignará estas funcións ao Servizo do Subsistema de Arquivos da Comunidade Autónoma (hoxe Arquivo de Galicia), dependente da Subdirección de Arquivos e Museos, dentro da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O Decreto 207/2010, do 19 de decembro, (DOG 246, do 24 de decembro) crea o Arquivo de Galicia como cabeceira e centro de referencia do Sistema de Arquivos de Galicia, con carácter intermedio e histórico. Estas normas asígnanlle un papel fundamental na infraestrutura que debe servir para asegurar o mellor funcionamento da Administración Pública de Galicia de acordo cos principios de eficacia, eficiencia e transparencia, ligando os seus fins aos conceptos de conservación permanente e de acceso aos documentos públicos. == Servizos ==…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar