Pazo
Pazo do Espiño
Santiago de Compostela · A Coruña
Foto: Noel Feans · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
O pazo do Espiño é unha edificación localizada en Santiago de Compostela de arquitectura modernista erixida entre 1910 e 1915 por Jesús López de Rego, por encargo de Ramón Gutiérrez de la Peña Quiroga.
Características
Consta de dous andares e unha capela anexa na parte posterior. Trátase dun pazo residencial, e destacan as súas ameas na liña de cornixa, así como tamén polo tratamento de imitación de pedra dado aos seus muros de formigón, e mais polos detalles vexetais e figurativos (gárgolas) da súa decoración exterior, moldeados en cemento da época. Está rodeado por abundante vexetación, entre a que sobresae unha carballeira que limita co pazo presidencial de Monte Pío, e a un quilómetro escaso da praza do Obradoiro. En 2011 atopábase en estado ruinoso, malia que no inicio dun proceso de restauración.
Polémica
Xa no século XX presentouse un proxecto para rehabilitar o espazo como parque público e para a construción dunha residencia da terceira idade. Durante o mandato de Conde Roa liberouse o solo coa intención de edificar 120 vivendas de luxo. O seu sucesor na alcaldía Ángel Currás, sinalou, pola contra, que a súa prioridade era o acondicionamento do espazo público: parque e rehabilitación do palacete modernista. Non obstante, colectivos de activistas denunciaron en 2012 a política de liberalización do solo do PP, como unha "privatización dos espazos e dereitos públicos". Finalmente foi expropiada a parte correspondente o parque e o pazo que foi habilitada e aberta ao público en agosto de 2014.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Mansión
Autoría Jesús López de Rego
Estado En ruínas
Altitude do punto ≈ 234 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Santiago de Compostela, a 468 m
Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 192 m
No concello viven 100.842 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Rúa Novaa 661 mA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- ALAMEDAa 739 mBuxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Buxán-Bembibre-Portomouro-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · Pontepedra-Santiago E.I.-Fontiñas (CPI Fontiñas) · A Laracha (concello)-Santiago E.I. · A Laracha (concello)-Santiago E.I.
- Avda. de Xoán XXIIIa 841 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Catedral de Santiago de CompostelaCatedral
Colexiata de Santa María de SarCatedral
Pazo de San Lourenzo de TrasoutoMosteiro
Convento de San Paio de AntealtaresMosteiro
Mosteiro de San Martiño PinarioMosteiro
Convento de San Francisco do Val de DeusMosteiro
Pazo dos Condes de XimondePazo
Pazo de VaamondePazo