Catedral

Colexiata de Santa María de Sar

Santiago de Compostela · A Coruña

Colexiata de Santa María de Sar

A colexiata de Santa María a Real do Sar é un templo románico con casa de cóengos anexa fundado como mosteiro da regra de Santo Agostiño a carón do río Sar, en Santiago de Compostela. == Historia == Foi fundado por Munio Afonso, bispo dimisionario da diocese de Mondoñedo e antigo colaborador de Diego Xelmírez, quen rematou a obra trala morte de Munio en 1136. A construción comezou pola cabeceira, ao mesmo tempo que se traballaba tamén nos muros do perímetro. Porén, o proceso foi lento e complexo e precisou de importantes modificacións e reconstrucións nos séculos XVI, XVIII e XX. A función do cenobio era a de servir de lugar no que os vellos cóengos puidesen retirarse, e para iso concedíanselle xenerosos privilexios e doazóns que fixeron que a institución funcionase ata o século XVII. A partir de entón comezou un lento proceso de declive ata transformarse en templo parroquial no ano 1867. == Descrición == O trazo máis sobranceiro deste edificio e o que o fai singular entre todos os de Galicia é a fortuíta e pronunciada inclinación dos seus muros e piares. Paralelo ao muro sur do templo consérvase parte dun dos lados do claustro medieval, destacado exemplo do románico compostelán de tempos do arcebispo Xoán Arias. Na igrexa e no claustro consérvase unha importante colección de sarcófagos, dos que o máis antigo é o do arcebispo Bernardo, que, retirado en Sar, morreu no ano 1240. No interior do templo atópase o Museo de Arte Sacra de Santa María a Real de Sar, con pezas que amosan a vida desta comunidade monástica ao longo dos séculos. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === === Outros artigos === Mosteiros e conventos de Galicia === Ligazóns externas === Páxina web da Colexiata

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Para ir

Cadeira de rodas Limitada

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar