Teatro
Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela · A Coruña

O Auditorio de Galicia é un edificio situado en Santiago de Compostela, deseñado por Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Inaugurouse o 20 de outubro de 1989. Encadrado no Programa nacional de auditorios, a obra foi financiada polo Ministerio de Cultura, a Xunta de Galicia e o concello de Compostela, coa colaboración de entidades privadas. Desde 1996 é a sede permanente da Real Filharmonía de Galicia. == Salas == O Auditorio de Galicia presenta catro salas: Sala Ángel Brage É a sala principal do auditorio. Trátase dun espazo con capacidade para 1.002 espectadores acondicionado para acoller representacións teatrais, ballet e ópera, así como concertos de música sinfónica e para a organización de congresos. Sala Mozart É unha pequena sala con capacidade para 260 espectadores destinada entre outras actividades a concertos, conferencias e ensaios teatrais. Como é unha sala independente pódese usar á vez que as outras salas. Sala Isaac Díaz Pardo Este é un espazo de 1.000 m² de forma irregular destinado ás exposicións. Sala Circular É a máis pequena das salas. Ten capacidade para 50 persoas, está destinada á celebración de coloquios, conferencias de prensa ou presentacións. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === www.audiotoriodegalicia.com Localización
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Para ir
Cadeira de rodas Si
Chegar en bus
- Avda. de Castelao (Filoloxía)a 243 mGonselle-Rúa da Rosa · Gonselle-Rúa da Rosa
- Avda. de Castelao (xornalismo)a 273 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · Carballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · O Foxo-Santiago E.I. · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I.
- Avda. de Xoán XXIIIa 333 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.