Fonte e lavadoiro

Balneario de Cabreiroá

Cabreiroá · Verín · Ourense

Balneario de Cabreiroá, fonte e lavadoiro en Verín

Foto: CMDoro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O balneario de Cabreiroá é un manancial natural situado na parroquia de Cabreiroá, no concello de Verín.

Historia

O manancial era unha charca coñecida dende a antigüidade polas súas propiedades medicinais, ata que o famoso empresario José García Barbón abre en 1907 o quiosco octogonal para os auguistas onde se segue degustando a súa auga. O resto do recinto é un espazo natural duns 50 000 m² cruzado polo pequeno río Abedes e con exemplos de especies como os cedros do Himalaia, sequoias xigantes, tileiros, palmeiras etc. En total, 2000 árbores. Toda a auga do manancial pasa pola burbulla central do quiosco, desde onde se abastecen este e a planta de envasado. A auga sobe desde unha profundidade duns 100 m a unha temperatura duns 18 °C. A súa auga está indicada para enfermidades de tipo estomacal, intestinal, do fígado, dos riles e a diabetes.

Outros artigos

Aguas de Cabreiroá Balnearios de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Manancial

Altitude do punto ≈ 391 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Verín, a 2,2 km

Camiño de Santiago Camiño Xabrés por Verín, a 1,4 km

No concello viven 13.921 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar