Espazo protexido

Zona especial de conservación do Río Támega

Monterrei · Ourense · 2004

Zona especial de conservación do Río Támega

O río Támega, ademais do río, é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a toda a cunca fluvial galega do río Támega, que é o chamado val de Monterrei ata a raia portuguesa, e os seus afluentes. Esta área de conservación ocupa 630,46 ha. dos concellos Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Oímbra e Verín, todos da comarca de Verín.

Fauna e flora

Flora

No espazo natural do río Támega dominan as ribeiras arredor do Támega e os seus afluentes con masas de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior)e prados de sega con especies como Alopecurus pratensis e Sanguisorba officinalis. Séguenlle os vales e abas, que decorren desde o río ata as montañas, e onde aparece vexetación de auga ou parcialmente de auga e de musgos acuáticos. Ademais destes hábitats, están presentes ribeiras lamacentas e áreas con augas estancadas, oligotróficas e mesotróficas. Destacan tamén os queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e E. tetralix. As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Fauna

Entre a fauna do espazo destacan os invertebrados Cerambyx cerdo, Lucanus cervus, o sapo Pelobates cultripes e os morcegos Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros. Entre as aves están presentes 15 especies de interese, como son o caso de Elanus caeruleus, Lullula arborea, Emberiza hortulana ou Sylvia undata. As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Lexislación

O río Támega foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e en setembro de 2006 dentro da rexión mediterránea e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar