Árbore senlleira

Carballeira de Santa Minia

Brión · A Coruña

Carballeira de Santa Minia, árbore senlleira en Brión

Foto: Xosé Antonio · Public domain · Wikimedia Commons ↗

foto de Commons, emparellada polo nome

A carballeira de Santa Minia é unha carballeira que se atopa nun dos espazos públicos máis importantes do concello de Brión. Foi o lugar elixido dende sempre para as festas e reunións de veciños. Nela atópase o santuario de peregrinación de Santa Minia, unha mártir romana traída da catacumba de Santa Inés por Lois Tobío Fernández, e venerada o 27 de setembro. O corpo chegou a Brión o 1 de agosto de 1848. A carballeira acolleu durante varios anos unha das mellores feiras que se celebran na comarca. A primeira celebrouse o 30 de marzo de 1912. En 1913 completouse o conxunto cunha fonte dedicada ao deus Hermes ou Mercurio, agasallo de Vicente Ramos. Nesta carballeira atópanse varios edificios que albergan servizos municipais.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Carballeira

Altitude do punto ≈ 106 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Pedrouzos, a 168 m

Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 2,6 km

No concello viven 8.190 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar