Castro

Castro de Altamira

Brión · A Coruña

Castro de Altamira, castro en Brión

Foto: Xosema · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Altamira é un castro situado na parroquia de Brión, no concello coruñés de Brión. Este foi o lugar no que logo se construíron as Torres de Altamira.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado no que é moi difícil afirmar con seguridade cales das estruturas visibles son da Idade de Ferro, dadas as modificacións realizadas en época posterior. Na Idade Media foi erguida sobre a súa croa unha fortaleza da que hoxe quedan as ruínas, reutilizando parte das defensas castrexas: esta fortaleza recibe habitualmente o nome de Torres de Altamira. No flanco norte consérvase parte dos antigos parapetos defensivos, no lugar no que foi aberto un camiño para dar acceso ao recinto. A súa localización ten lugar sobre un couto elevado que ten boas condicións naturais defensivas. Dous regatos rodean o recinto.

Arqueoloxía

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 276 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Pedrouzos, a 1,4 km

Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 1,7 km

No concello viven 8.190 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar