Castro

Castro de Lamiño

Ortoño · Ames · A Coruña

Castro de Lamiño, castro en Ames

Foto: WIKI0511 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O castro de Lamiño, tamén chamado de Castrigo, é un castro situado na parroquia de Brión, no concello coruñés de Brión.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado cunha forma elipsoidal. A meseta superior ten máis de 23 metros de eixo maior e 20 no menor. En torno á croa atópase un valo perimétrico seguido dos restos de varias barreiras defensivas. No contorno do sitio hai unha significativa toponimia: Socastro na parte baixa do recinto, e Castrigo detrás del.

Arqueoloxía

A de Lamiño foi a primeira acrópole castrexa de Brión que se estudou con rigor científico no século XX. No ano 1923 o Seminario de Estudos Galegos publicou no Cuaderno de Estudios Gallegos un amplo estudo derivado dos traballos que realizaron no sitio, fundamentalmente por Fermín Bouza Brey. Entre os valos que dividían os agros veciños atopáronse muíños de man romanos. Nas catas realizadas por Bouza Brey, Lois Tobío Fernández e Filgueira Valverde, entre outros, atopáronse restos de cerámica. Tamén tense constancia da aparición dun machado de bronce, actualmente desaparecido. Plinio o Vello (XXXVI, 134) cita un Laminium, célebre polas súas pedras de afiar, sito na Hispania Citerior.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 92 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Bertamiráns, a 1,5 km

Camiño de Santiago Camiño de Fisterra-Muxía, a 2,2 km

No concello viven 33.213 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar