Dolmen
Casota de Freáns
Berdoias · Vimianzo · A Coruña
Foto: Javier Pais · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A Casota de Freáns, tamén coñecida como Casota dos Mouros ou Casota de Berdoias é un dolmen situado na parroquia de Berdoias, concello de Vimianzo, de particulares características dentro do megalitismo galego. Estímase que foi construído entre o 2500 e o 2000 a.C. É de propiedade pública e está declarada como Ben de Interese Cultural, figurando no Catálogo da Xunta co código GA15092003. Ten camiño de acceso e non está cuberto de maleza nin está afectado por obra algunha. O seu estado de conservación é bo.
Características
Presenta unha planta rectangular formada por tres chantas verticais e unha tampa monolítica. As súas dimensións son de 1,60 metros de largo na cabeceira, 1,48 metros na entrada, cunha lonxitude de 2,70 metros, e cuberta de 2,40 x 3,50 metros. Dentro, nas súas laxes verticais conserva varias inscricións: coviñas e cruces. Estas últimas seguramente se fixeran para cristianizar un lugar pagán. Posto que non ten a estrutura típica (con corredor e estrutura tumularia), encaixa dentro das construcións tardías do megalitismo galego, predecesoras das cistas da Idade de Bronce. A lenda conta que estas pedras foron levadas por unha muller (ou a Virxe) na cabeza en canto fiaba nunha roca. Durante anos, esta casota serviu de refuxio para os pastores de Berdoias.
Galería de imaxes
Outros artigos
Dolmen Megálito Megalitismo en Galicia Lista de megálitos de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Megálito
Tamén chamado Casota dos Mouros · Casota de Berdoias
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 249 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vimianzo, a 8,2 km
No concello viven 6.754 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Berdoiasa 1,1 kmCORUÑA E.A.-FISTERRA · CORUÑA E.A.-FISTERRA · Santiago E.I.-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Muxía (porto) · CORUÑA E.A.-CABO FISTERRA · BERDOIAS-BERDOIAS
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
