Castro
Castro do Sino
Castrelo · Vimianzo · A Coruña
Aínda non hai foto de Castro do Sino
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.05997|-9.05881}}
O castro do Sino, tamén coñecido como castro de Lavandeira, Citania de Vilaseco ou da Igrexa Vella é un castro que se ergue a case 300 metros de altura sobre un monte preto do lugar de Lavandeira, no concello de Vimianzo.
Características
Este castro aproveitou a súa localización estratéxica, no alto dun outeiro e cun gran desnivel cara ao regato de Lavandeira que o envolve pola parte noroeste. Conserva as murallas de defensa da súa parte leste e sur, e tamén os cimentos de varias vivendas circulares. En outubro de 2002 perigou a súa existencia cando o dono do terreo, por descoñecemento do que alí tiña, intentou explanar as murallas para plantar eucaliptos. Pronto se paralizou a obra e non afectou demasiado á estrutura. Si á muralla exterior e a parte dun montículo interior. Logo da agresión, un técnico de patrimonio, Tomás Rodríguez, fixo unha inspección visual do lugar e axiña atopou fragmentos de tella e cerámica. En Patrimonio está catalogado como Citania de Vilaseco ou Igrexa Vella. Este último topónimo vén de que a igrexa de San Martiño de Castrelo estaba ó pé deste castro. No 1714 foi trasladada á súa localización actual en Castrelo. O campanario estaría situado nunha zona alta do castro, de aí o nome do Sino, do son da campá. Dado o seu difícil acceso nunca foi moi coñecido, malia ser un dos máis importantes de Vimianzo e figurar xa desde antes de 1986 como único exemplo, xunto co castro das Barreiras, coñecido até daquela da cultura castrexa no concello.
Outros artigos
Cultura castrexa
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Tamén chamado Castro do Sino
Altitude do punto ≈ 248 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Vimianzo, a 6 km
No concello viven 6.754 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Vilasecoa 1,2 kmCORUÑA E.A.-FISTERRA · CORUÑA E.A.-CABO FISTERRA · Teatro Colón-Fisterra
- Vilasecoa 1,2 kmCORUÑA E.A.-FISTERRA · CORUÑA E.A.-CABO FISTERRA · BERDOIAS-BERDOIAS
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.