Dolmen

Arquiña de Vilaseco

Berdoias · Vimianzo · A Coruña

Arquiña de Vilaseco, dolmen en Vimianzo

Foto: Lameiro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A Arquiña de Vilaseco é un monumento megalítico situado nas proximidades do lugar de Vilaseco da parroquia de Castrelo, no concello de Vimianzo. Forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Descrición

A mámoa está situada nunha típica paisaxe megalítica con brañas e pequenos lombos topográficos, dominando a contorna, sobre todo cara ao oeste e ao norte onde adquire uns tres metros de altura. Chama a atención a gran dimensión do túmulo, de 37 metros de longo por 32 de largo. No interior, atópase unha anta máis modesta para o tamaño da mámoa. De estrutura clásica, con cámara poligonal e corredor desenvolvido cara ao leste. A falta dunha escavación en profundidade, consérvanse catro esteos da cámara, e aparece un do corredor ademais da propia tampa. O máis probábel é que as pedras que faltan estean a formar parte do muro divisorio das leiras, muro que divide en dous o monumento. Con todo, o seu estado de conservación é bo, dada a pouca profundidade do cono de violación. En outubro de 2014 uns traballos de reforestación danaron tanto a mámoa como a anta.

Outros artigos

Megalitismo en Galicia Dolmen Mámoa

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Megálito

Leva o nome de Vilaseco

Altitude do punto ≈ 241 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vimianzo, a 5,3 km

No concello viven 6.754 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar