Xacemento arqueolóxico
Castelo da Rocha Forte
Santiago de Compostela · A Coruña

O castelo da Rocha Forte é un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do castelo medieval máis emblemático da mitra compostelá, que tivo un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Compostela. == Situación == A Fortaleza da Rocha Forte, tamén coñecida como Castelo dos Churruchaos, sitúase na parroquia de Conxo no lugar da Rocha Vella, pertencente ao concello de Santiago de Compostela. Atópase, a unha altitude de 185 metros, no lugar coñecido como a Rocha Vella, a carón da vía do ferrocarril, que o cruza ocultando gran parte do sitio, e preto da actual saída da cidade cara a Pontevedra. Os terreos sobre os que se asenta son propiedade do Arcebispado de Santiago, que cedeu o seu uso por 50 anos ao concello. Calcúlase que o recinto ocupa uns 4.000 metros cadrados. Moi preto desta localización atópase o Castriño de Conxo. == Descrición == Trátase dun sitio arqueolóxico, catalogado como Ben de Interese Cultural[Cómpre referencia] e cunha adscrición cronolóxica de ocupación definida entre o século XIII e o XV. Na actualidade atópase en estado ruinoso, e está a ser estudado mediante escavacións arqueolóxicas levadas a cabo dende o ano 2001. Conformada por distintas cercas, consérvase a exterior nunha lonxitude de 40 metros na área sueste, da interior consérvase todo o perímetro amais doutras estruturas na zona central onde se podería situar a torre da homenaxe, así como os restos dos torreóns nos seus ángulos e flanqueando o acceso principal (malia que só se conservan os seus baseamentos). Conta ademais con dependencias subterráneas en relación coas que ata de agora só foron documentados os accesos escalonados. Amais do seu valor defensivo, xa que era o refuxio dos arcebispos de Compostela -o lugar onde refuxiarse cando había problemas cos levantiscos composteláns-, era un enclave perfecto para controlar a entrada e saída da cidade de xentes e mercadorías, xa que se atopa nas proximidades do antigo camiño que unía Santiago con Noia e co camiño de Padrón, ao Camiño portugués, que seguían os peregrinos a Santiago dende o sur de Galicia. Este foi o motivo principal de que o castelo, ao contrario do habitual, se colocara ao carón do río, no fondo dun val, e non nunha posición predominante en altura (posición dos denominados castelos rochosos). O castelo funcionaba como punto de control do camiño cara ao mar, como primeiro posto de defensa ante previsibles invasións que puideran entrar, a través da ría de Arousa e o río Ulla, contra a cidade. Esta importancia estratéxica xa foi recollida no Preito Tabera - Fonseca. Foi unha arbitraxe ou concordia que tivo lugar no segundo cuarto do século XVI entre o arcebispo de Compostela e despois de Toledo Alonso III de Fonseca e o seu sucesor no cargo Juan Pardo de Tavera. Na pregunta nº 13 do representante de Tavera, Pedro de Cisneros destaca a importancia estratéxica do enclave: === Descrición baseada en fontes documentais === Tomando como referencia as fontes documentais podémonos facer unha idea do conxunto cando aínda permanecía en pé. Existen diversas posibles representacións gráficas do castelo entre as que destaca a que abre o Tombo B do arquivo capitular da igrexa de Santiago, cunha representación do Apóstolo Santiago a cabalo e coa espada desenvaiñada, e no fondo un castelo. Esta obra foi feita en tempos de Berenguel de Landoira e a fortificación máis próxima para tomar como modelo era o castelo da Rocha Forte, incluso algúns autores interprétano como xustificación dos acontecementos ocorridos o día da Ira. Ademais o debuxo coincide, pese ao seu esquematismo, con outras testemuñas documentais. Outra representación posible neste documento aparece como anotación marxinal na Bula do papa Alexandre III na que confirma os privilexios da sé compostelá. Unha última posible representación aparece no coñecido como Tumbillo de Concordias, no que, tamén como acoutación* marxinal, aparece xunto ao texto no que Fernando III de Castela confirma os privilexios dos arcebispos santiagueses sobre as fortalezas.…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- A Rochaa 189 mRúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-O Milladoiro · Raíces-Tarrío-Viduido de Arriba-Bentín-Milladoiro-Rúa do Hórreo -Raíces · Rúa da Rosa-Luou-Galanas-Milladoiro-Rúa da Rosa · A Grela-Rúa da Rosa · Rúa da Rosa-Vilar de Calo-Luou-Rúa da Rosa
- A Rochaa 223 mRúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns · Rúa da Rosa-O Milladoiro · A Grela-Rúa da Rosa · Santiago E.I.-O Casal de Reis · Luou-Os Tilos-Rúa do Hórreo -Vilar de Calo-Luou · Santiago E.I.-A Silva
- Vidána 984 mLiñares (empalme)-Rúa da Rosa · Santiago E.I.-Negreira · Rúa da Rosa-Portomouro · Brión (Santa Minia)-Rúa da Rosa · Santiago E.I.-Muxía (porto) · Rúa da Rosa-Gándara-Picaraña
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.