Castelo
Castelo de Castroverde
Vilariño · Castroverde · Lugo
Foto: Pilladooo · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O castelo de Castroverde é unha fortaleza situada no concello de Castroverde. A antiga construción do século XIV, pertenceu a Álvaro Pérez Osorio, duque de Aguiar e conde de Villalobos por doazón de Henrique II de Castela. Un século máis tarde apoderouse do castelo Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, e trala súa morte herdouno a súa curmá Isabel de Castro. Xa no século XVI, Lope Osorio de Moscoso, da casa de Altamira, mercou o castelo, a vila e mailas terras. Actualmente é propiedade privada. Deste antigo castelo, só quedan en pé as ruínas da antiga muralla, e a torre da homenaxe con planta rectangular de 12 por 10 metros, con 20 metros de altura en cinco andares con muros graníticos de 2 metros de espesor. Situada no cumio dun outeiro sobre a que se levanta a vila, sobre as ruínas dun antigo castro. Destacan no lado norte, a porta de entrada con lintel semicircular, adornado coa figura en relevo dun guerreiro (gaiteiro?). Na cara oeste, ventá con arco e tímpano e escudo de seis roeles. No lateral sur, unha ventá con dobre seteira, en arco.
Galería de imaxes
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Fortificación defensiva
Forma parte de Camiño Primitivo
Tamén chamado Torre-Fortaleza de Castroverde
Protección Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 605 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Lugo, a 18,9 km
No concello viven 2.476 (2025) · IGE
Chegar en bus
- CASTROVERDEa 252 mA Fonsagrada-Lugo E.A. · Sobrado de Picato (campo da feira)-Lugo E.A.
- CASTROVERDEa 254 mA Fonsagrada-Lugo E.A. · Castroverde-Lugo E.A. · Sobrado de Picato (campo da feira)-Lugo E.A.
- CRUCE RÚA DOS NENOSa 368 mA Fonsagrada-Lugo E.A. · A Fonsagrada-Lugo E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Igrexa de Santa María de VilabadeIgrexa- Cova da ValiñaCova
Igrexa de Santa Baia de BolañoIgrexa
Igrexa de San Salvador de Cellán de CalvosIgrexa
Igrexa nova de San Pedro de Cellán de MosteiroIgrexa
Igrexa de San Miguel de CovelasIgrexa
Igrexa de Santa María da FrairíaIgrexa
Igrexa de Santa María de MonteIgrexa