Igrexa
Igrexa de Santa María de Vilabade
Vilabade · Castroverde · Lugo
Foto: Pilladooo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
A igrexa de Santa María de Vilabade é o templo parroquial de Vilabade (Castroverde), baixo a advocación da Virxe María. Sitúase no Camiño Primitivo e está declarada Ben de Interese Cultural.
Características
Fundouna en 1457 Fernando Castro, da casa dos condes de Lemos, e en orixe tivo acaroado un mosteiro franciscano, do que non se conserva ningún resto. O templo, de orixe gótica, reformouno Diego Osorio no século XVII. Ten planta rectangular coa nave dividida en tres tramos. Na fachada destaca o pórtico renacentista de cinco arcos e frontón triangular. No interior conserva altares do século XV. En 1979 foi declarada Monumento Histórico-Artístico Nacional no ano 1979.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Dedicado a Santa María
Forma parte de Camiño Primitivo
Protección Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 673 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Lugo, a 21 km
No concello viven 2.476 (2025) · IGE