Cova

Cova da Valiña

Bolaño · Castroverde · Lugo

Aínda non hai foto de Cova da Valiña

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.04515|-7.33792}}

A Cova da Valiña é un sitio arqueolóxico do Paleolítico superior inicial situado na parroquia de Bolaño, no concello de Castroverde, na provincia de Lugo. Constitúe un dos xacementos paleolíticos máis importantes de Galicia, xa que é o único no que se documentou con claridade a ocupación humana correspondente aos inicios do Paleolítico superior no territorio galego.

Historia

Descubrimento

A cova foi descuberta de maneira fortuíta en 1962, durante traballos de extracción de pedra calcaria para a fabricación de cal. No transcurso destas labores apareceron restos óseos e diversas pezas de industria lítica, que foron dadas a coñecer por José Vázquez Seijas. A explotación da canteira destruíu parte da entrada da cavidade, circunstancia que afectou aos niveis arqueolóxicos máis superficiais.

Escavacións

Entre 1987 e 1989 realizáronse tres campañas de escavación arqueolóxica dirixidas por César Llana Rodríguez, María José Soto Barreiro e Carlos Fernández Rodríguez, baixo a dirección da Xunta de Galicia. As escavacións permitiron identificar unha secuencia estratigráfica ben conservada, na que se localizou un nivel de ocupación humana con abundantes restos de talla lítica, fauna, carbóns e un pavimento de pedras interpretado como parte dunha estrutura de hábitat.

Cronoloxía

Os materiais recuperados sitúan a ocupación da cova nos primeiros momentos do Paleolítico superior, durante un interestadial do Würm. Entre a industria lítica documentáronse burís, raspadores, perforadores, becs, coitelos, raedeiras, útiles denticulados e unha punta que foi relacionada co Chatelperroniense, ademais de restos de fauna pertencentes a diferentes especies de carnívoros e herbívoros. A presenza deste conxunto converte a Cova da Valiña nun xacemento de referencia para o estudo da transición entre o Paleolítico Medio e o Superior no noroeste da Península Ibérica.

Outros artigos

Cova Eirós Historia de Lugo Cronoloxía de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Sitio arqueolóxico

Altitude do punto ≈ 610 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Lugo, a 18,2 km

No concello viven 2.476 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar