Petróglifo

Castriño de Conxo

Santiago de Compostela · A Coruña · 226 m

Castriño de Conxo, petróglifo en Santiago de Compostela

Foto: Jose Pereira - Publicada por/Publish by: Jose Pereira · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.

A estación

Nunha rocha pouco elevada sobre o terreo (como é común nos petróglifos galegos) situada no parapeto superior do asentamento castrexo atopamos uns petróglifos gravados na súa superficie que posúen unha especial relevancia en canto as representacións de armas, vinculadas aos modelos británicos datables ao redor do III-II milenio a.C. Tamén se aprecian deseños triangulares (algún raiado) que algúns autores interpretan como ídolos antropomorfos, outros como machados de dobre anel ou escudos triangulares. Pódense observar claramente figuras como un puñal con dobre nervadura, dúas espadas enfrontadas pola empuñadura e unha terceira máis á dereita; tamén ata catro posibles, simplificadas, alabardas (de representación moi pouco usual nas nosas terras), arma de orixe centroeuropea, e outros trazos diversos moi erosionados, posibles restos doutras armas representadas. As armas representadas son os obxectos que permiten dar a posible cronoloxía exposta con anterioridade. De especial relevancia é que non se representan machados ou outros apeiros agrícolas ou de carácter utilitario, só armas, cuxa posesión é interpretada como símbolo de poder e prestixio dunha sociedade que camiña dende unha situación de igualdade cara a unha sociedade estratificada e fortemente xerarquizada.

O castro

Pese a que non foi obxecto de estudo, realizáronse diversas prospeccións arqueolóxicas que percibiron un recinto ovalado moi irregular. Nel atopáronse muíños de man e diversos anacos de cerámicas castrexas. Só un muro foi visible, de 5 metros de lonxitude por medio metro de altura.

Estado

Atópase en completo estado de abandono, polo que non é fácil a súa visita, xa que se atopa cuberto de vexetación e arboredo. Está dividido por un aramado que o divide quedando gran parte do sitio en propiedade privada. Por riba disto, en maio de 2019 sufriu unha salvaxe vandalización cando o rascaron remarcando con pedra os sucos do petróglifo.

Galería de imaxes

Outros artigos

Castro Petróglifo Petróglifos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Castro · Sitio arqueolóxico

Altitude 226 m

Vila máis próxima Santiago de Compostela, a 2,4 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 235 m

No concello viven 100.842 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar