Castro

Castro da Subidá

Mogor · Marín · Pontevedra

Castro da Subidá, castro en Marín

Foto: Adrián Estévez (gl:User:Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O castro da Subidá está situado entre os lugares de Cidrás e As Sete Espadas, no alto da Porteliña, entre as parroquias de San Xurxo de Mogor e a de San Xián, sobre o val do Lameira cara ao nordeste e sobre o o val de Bagüín cara ao oeste. A denominación máis habitual é "Subidá", aínda que ás veces tamén se lle chama "castro da Porteliña". Nalgún caso pode aparecer escrito "Suvidá" ou incluso "Sividá", o que sería máis correcto etimoloxicamente, dado que o topónimo procede do latín civitatem.

Morfoloxía

Considérase que tería 3 ou 4 ha de superficie, aínda que este dato débese máis que nada a unha apreciación superficial e non a unha constatación arqueolóxica demostrada. Ten unha pequena croa ou acrópole de planta ovalada, con dous promontorios rochosos situados nos extremos norte e sur desta croa. Na bibliografía ás veces menciónase que estes promontorios formarían parte das defensas, a maneira de "torres" medievais. No sitio aparecen tamén varios petróglifos, algúns deles da idade de bronce, outros de cronoloxía indeterminada e outros do século XX, realizados polo curioso personaxe marinense Xosé Meijón. Outro dos factores que aportan importancia a este castro é o feito de que nel aparecesen varios cuncheiros, polo menos dous na ladeira oeste e un na ladeira leste. Algúns destes restos foron recollidos polo arqueólogo Antonio de la Peña Santos e foron estudados polo profesor de prehistoria e antropoloxía da Universidade de Santiago Xosé Manuel Vázquez Varela. As vivendas castrexas esténdense sobre todo pola ladeira leste, e baixo delas hai os restos dun cuncheiro, se ben esta zona está alterada por varias canteiras para a extracción de pedra e outras obras menores, como un depósito de augas soterrado. Esta ladeira foi sondada a comezos da década de 1980 por Emilio Moledo Pérez e José Carlos Pascual Vázquez. Na década de 1990 a zona foi danada por un desterro feito pola Deputación de Pontevedra na ampliación da estrada EP-1201. Entre maio e setembro de 2011 foi escavado de novo e restauráronse varias estruturas de habitación. No Museo de Pontevedra poden verse algúns dos materiais de bronce aparecidos no castro.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Poboado

Extensión 3 m²

Tamén chamado Castro da Suvidá

Altitude do punto ≈ 157 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Marín, a 1,2 km

Ruta que pasa preto Ruta dos Sete Camiños, a 2,5 km

No concello viven 23.976 (2025) · IGE

Segundo IGN Topo

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar