Castro

Castro das Barreiras

Cambeda · Vimianzo · A Coruña

Castro das Barreiras, castro en Vimianzo

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O Castro das Barreiras é un castro de chaira situado no lugar de Ogas (Vimianzo), a escasa distancia da capital municipal e ao pé da estrada AC-552. A súa propiedade é pública e pode ser visitado.

Características

No castro das Barreiras, aprécianse claramente vestixios do foxo e unha potente muralla que nalgún punto supera os 8 metros de altura. Estas defensas non son habituais nos xacementos castrexos e demostran que este castro foi, no seu día, un poboado importante e que era, probablemente, aínda máis extenso do que se aprecia na actualidade. Está localizado en pleno val de Vimianzo para poder aproveitar as terras de cultivo e o dominio da zona. Para que os seus moradores o puideran defender tivo que se fortalecer coas súas enormes barreiras. A croa conta cunha superficie duns 4.000 metros cadrados. O eixe maior do recinto ovalado ten 110 metros e se orienta de norte a sur, mentres o seu eixe menor é de 65 metros e vai de leste a oeste. Pertence á coñecida como II Idade de Ferro, entre os séculos II e I a.C. Despois de sucesivas limpezas, no ano 2010 fíxose a primeira prospección arqueolóxica cuns bos resultados. Descubríronse restos de tres construcións circulares, en moi bo estado de conservación, o que fai pensar que é do mesmo estilo có Castro da Cidá de Borneiro, no concello veciño de Cabana de Bergantiños. Tamén se cre que o xacemento está cheo de vivendas da época. Ademais das construcións, na escavación atopáronse máis de 500 anacos de cerámica e pezas de ferro. No ano 2020 leváronse a cabo novas escavacións, baixo a dirección do arqueólogo Tito Concheiro. Este castro está considerado polos expertos unha xoia dentro do noroeste peninsular. Está pendente a escavación total do xacemento. Arredor deste castro creáronse multitude de lendas ao longo dos anos, e unha das máis populares falaba da existencia dun túnel que conectaba o xacemento co castelo.

Galería de imaxes

Outros artigos

Castros da provincia da Coruña Cultura castrexa

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Castrexa (celta)

Que é Recinto fortificado

Altitude do punto ≈ 147 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vimianzo, a 1,5 km

No concello viven 6.754 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar