Castro

Castro de Centroña

Centroña · Pontedeume · A Coruña

Castro de Centroña, castro en Pontedeume

Foto: Xosé Antonio · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Castro de Centroña ou Os Castros é un poboado castrexo situado no lugar de Castrelo, en Centroña (Pontedeume), no cumio dun monte de escasa altura. Tamén é coñecido como Perbes ou Castrelo. Consta dun recinto principal de forma elíptica, amurallado e rodeado á súa vez por un antecastro no lado norte e oeste. Circúndano, na súa totalidade, un importante sistema de socalcos. As medidas do eixe principal son de 110 metros e no eixe menor 90 metros. En 1912 atopouse un torque de ouro que se conserva no Museo Provincial de Lugo. O historiador e xeógrafo Pomponio Mela no ano 44 identifica este castro coa cidade ártabra de Ardóbrica.

Outros artigos

Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 171 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Pontedeume, a 2 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1,3 km

No concello viven 7.428 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar