Castro
Castro das Insuas
Boebre · Pontedeume · A Coruña
Foto: Xosé Antonio · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Castro das Insuas ou castro da Insua é un poboado castrexo situado na península das Insuas, en Boebre (Pontedeume). É un castro costeiro situado nunha península no lugar da Barreira, na parroquia de Boebre. Está defendido por un único parapeto no istmo que o une á terra. No seu lado oeste está arrasado polo mar, e no leste os labores agrícolas desmontaron parte do parapeto defensivo. En 2011 a Asociación cultural Ardóbriga liderou unha prospección arqueolóxica, realizándose achados de distintas épocas: desde cerámica castrexa ata lápidas sepulcrais e ósos humanos correspondentes á época na que se achaban alí o cemiterio e a igrexa da parroquia de Boebre.
Outros artigos
Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Altitude do punto ≈ 6 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Pontedeume, a 4,6 km
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 2,8 km
No concello viven 7.428 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Curíoa 652 mPontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-Monfero (concello) · Pontedeume-O Andel
- A INSUAa 661 mCentro salud Pontedeume-Sambollo · Centro salud Pontedeume-Sambollo
- VIOUTEIROa 663 mCentro salud Pontedeume-Sambollo · Centro salud Pontedeume-Sambollo
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.