Castro

Castro de Formigueiros

Formigueiros · Samos · Lugo

Castro de Formigueiros, castro en Samos

Foto: gl:User:Desancristovo · Public domain · Wikimedia Commons ↗

O castro de Formigueiros é un poboado castrexo da Idade de Ferro situado preto do lugar da Airexa, na parroquia de Formigueiros, no concello lucense de Samos. Está a 785 metros sobre o nivel do mar, encravado no extremo occidental da serra do Édramo, que fai de divisoria entre os concellos de Samos ao norte e O Incio ao sur.

Morfoloxía

Sobre o perfil da montaña destacan as súas potentes murallas, circundadas por un labiríntico sistema de foxos e parapetos. Sorprende a complexidade e extensión das defensas fronte o reducido da zona habitacional. Das 5 ha totais, o interior da croa só ocupa uns 2000 metros cadrados.

Arqueoloxía

Foi obxecto de escavacións arqueolóxicas dende os anos 2006 a 2008. Definíronse dúas ocupacións. A primeira, comezaría nos séculos III-II a. C., remata na primeira metade do século I. Logo parece que foi abandonado e detéctase unha nova ocupación, con construcións levantadas sobre os derrubes das casas e da muralla. Os indicios apuntan a unha fase romana tardía ou posterior. Atopáronse lousas decoradas con círculos, cabalos e peixes nunha praciña do poboado.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Época Cultura castrexa

Que é Poboado

Altitude do punto ≈ 777 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Sarria, a 9,4 km

Camiño de Santiago Camiño Francés, a 2,2 km

No concello viven 1.162 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar